El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

VIOLENCIA DE XÉNERO

A Xunta impulsa unha campaña contra a violencia sexual

11-10-2019 10:47:46
Campaña Agresión Off.

O Pacto de Estado contra a violencia de xénero articula as súas recomendacións en dez eixos de actuación: sensibilización e prevención; mellora da resposta institucional; perfeccionamento da asistencia das vítimas, protección dos menores, impulso da formación dos axentes implicados, mellora do coñecemento deste fenómeno, atención a outras formas de violencia contra a muller, compromiso económico e seguimento do pacto.   

E a Xunta está a manter un firme compromiso coa execución do Pacto de Estado na comunidade autónoma. Unha destas medidas é a campaña 'Agresion Off', creada polo Goberno de Galicia.  


'Agresión Off'  

A campaña 'Agresión OFF, Eu digo non á violencia sexual' foi creada pola Xunta para levar a cabo en festivais musicais de Galicia co obxectivo de sensibilizar e evitar agresións sexuais contra as mulleres e loitar contra o acoso neste tipo de eventos. A meta da campaña é que as mulleres sentan seguras nestes eventos, e ao mesmo tempo, aproveitar a gran afluencia de público a eles para incidir na concienciación da sociedade sobre a violencia sexual.  

Para desenvolver esta campaña inclúese a presenza de casetas nos distintos festivais desde os que se distribúe distinto material informativo como o décalogo contra a violencia sexual que, ademais,  figura na App de Agresión Off posta en marcha en agosto do ano pasado. O decálogo recolle as seguintes indicacións:   

1.- As agresións sexuais son un delito recolleito no Código penal.  

2.- Nada xustifica unha agresión: nin a forma de vestir, nin a exhibición do corpo. Tes dereito a divertirche sen ser importunado ou agredido. 

3.- Tes dereito a pasalo ben e gozar en liberdade e con seguridade. A rúa, a noite e as festas tamén son das mulleres. 

4.- Sen consentimento non é unha relación, é unha agresión. 

5.- O consentimento non é ilimitado e existe o dereito de repensalo e a non seguir. NON É NON! 

6.- Baixo a influencia do alcol e doutras substancias segue existindo o dereito para dicir non e se non hai un si é un non, sen que haxa outra interpretación. 

7.- Insistir cando che rexeitan é acosar. Non te poñas pesado. 

8.- Se necesitas axuda fronte a unha agresión chama ás 112 Emerxencias. 

9.- Se presenzas unha agresión sexista non a permitas, chama e denuncia. 

10.- Lembra que se sofres unha agresión sexual, sexa nas circunstancias que sexa non te sintas culpable porque a responsabilidade é sempre de quen agride. 

Ademais do decálogo a App contén consellos prácticos de como actuar #ante posibles situacións de riscos e un directorio de lugares onde acudir a pedir axuda, así como teléfonos de información. 

A campaña tamén recolle a proxección de vídeos nos escenarios dos festivais, ademais de persoas in situ dando información e formación de como actuar ou a quen acudir en caso de agresións. 

A iniciativa acompáñase de talleres formativos a voluntarios que colaboran na seguridade dos festivais de verán. O ano pasado tivo un impacto directo en ata 4.000 persoas, o que supón unha media de ata 700 persoas atendidas en cada evento. 


775.000 euros  

Este ano a Vicepresidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral dá Igualdade, asinou convenios con outras consellerías. O acordo alcanza os 775.000 euros para levar a cabo campañas contra a violencia de xénero en bibliotecas e, festivais e festas de interese turístico. 

Acordouse ampliar a difusión da campaña de modo que no 2019 está presente nas festas de interese turístico galego -nacional e internacional- así como nos 12 festivais acollidos este ano baixo a marca 'FestGalicia': 25 concellos adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. 

Tamén no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a Xunta e a Fundación Meniños colaboran na posta en marcha dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia, que conta cunha achega de 50.000 euros. Vítimas de abuso ou violencia sexual en Galicia así como os seus familiares ou persoas da súa contorna recibirán recursos terapéuticos por parte de profesionais especializados para lograr a súa recuperación integral.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias