El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

LINGUAS REXIONAIS | BNG

O BNG insta ao Estado a impulsar o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

26-09-2019 11:34:57

No Día Europeo das Linguas, que impulsado polo Consello de Europa se celebra cada 26 de setembro, a portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defende que o Estado español debe afondar no cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que busca garantir a normalidade das linguas minorizadas.

Segundo a Carta, ratificada polo Estado español en 2001, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como a sanidade, a educación, a xustiza, a administración, as relación sociais e económicas, a cultura e as relacións transfronteirizas.

O Bloque quere, unha vez máis, facer un chamamento sobre as deficiencias na aplicación da Carta ao respecto do galego no ensino, na sanidade ou nos medios de comunicación, por exemplo. “É contraditorio que o Consello de Europa busque fomentar o plurilingüismo coa conmemoración do Día Europeo das Linguas e que logo nos atopemos con problemas á hora de desenvolver a vida en galego”, sinala Ana Miranda, para quen fomentar o plurilingüismo “ten que traducirse en poder desenvolver a vida en galego”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias