A viceportavoz do grupo
parlamentario do BNG, Olalla Rodil presentou as propostas de resolución do BNG
ao Debate do Estado da Nación que centradas en tres bloques: Impulso á
economía, Benestar social e Autogoberno. Para a nacionalista, as
40 propostas do BNG “son reais e colocan a Galiza no século XXI fronte ás
propostas da década dos 90 de Feixóo”. A xuízo da parlamentaria,
“Feixóo representa o pasado” e no Debate do
Estado da Nación celebrado onte no Parlamento galego constatou que “non ten
ningunha proposta que ofrecer a Galiza” e mesmo tivo que “rescatar ideas da
década dos 90 para traer algo ao debate”. Rodil afirmou que Galicia está no século XXI e “merece máis”
polo que reiterou a vixencia das propostas do BNG como alternativa aos
problemas reais do noso país.
A deputada criticou a falta de propostas
de Feixóo sobre un novo modelo de financiamento, medidas para acabar coa precariedade
laboralo ou para resolver a enorme crise
industrial de Alcoa, Ferroatlántica, Isowat, As
Pontes, Poligal, ou R. Onte, afirmou Rodil, Feixóo deixou claro que “manterse na Xunta de Galiza é un fin en sí
mesmo, un salvavidas persoal e para o
seu partido”.
Fronte a isto, as 40 propostas do BNG son a solución a problemas reais, aos problemas que viven as galegas e galegos e que
o presidente da Xunta decidiu ignorar. Porque hai “unha Galiza real e logo a
Arcadia feliz de Feixóo”, apostilou a
deputada.
Propostas do BNG
.-Impulso económico e modernización para
encarar a crise demográfica con impulso industrial e peche de ciclos produtivos.
Poñer a enerxía ao servizo do desenvolvemento
cun prezo xusto e competitivo para
familias e tecido económico. Unha
Tarifa Eléctrica Galega que reduza as peaxes por transportar fóra a enerxía e unha estratexia para pechar ciclos produtivos xerando
valor engadido no sector agrogandeiro,
forestal e no mar.
O BNG tamén propón “un Pacto pola Ciencia” para converter o I+D+i no motor de desenvolvemento
económico dotado cun investimento progresivo do 3% do PIB en innovación. Crear
o Instituto Galego público de innovación
(INNOGAL) e deseñar un programa integral de I+D+i con perspectiva de xénero
para impedir que as investigadoras se vexan obrigadas a abandonar a súa
carreira investigadora “por ser nais”.
Outra das propostas é crear unha Banca Pública ao servizo das pequenas e
medianas empresas galegas semellante ás que existen en Alemaña, Francia, Noruega, Dinamarca ou Países
Baixos.
.- Benestar social e Igualdade
Blindar os servizos públicos: Sanidade e Educación.
Reverter os recortes en Atención Primaria e as privatizacións; recuperar as
xerencias e garantir o persoal necesario nos PACs e centros de saúde.
No ámbito educativo aprobar unha lei
galega e suprimir os concertos co ensino
privado.
Rodil tamén presentou medidas contra
a violencia machista reclamando investir, como mínimo, o “1% do Orzamento” e
crear Xulgados exclusivos de violencia nas cidades
Para as pensións non contributivas,
o BNG propón un incremento de 100 euros. Por outra parte, tamén reclamar 198 M€
que adebeda o Estado a Galiza en materia
de dependencia e medidas reais de
conciliación coa escolarización de 0-3 anos e un “Banco de
horas de Canguro” para situacións sobrevidas ou imprevistas.
.- Autogoberno: medidas para gañar peso
político como país
O BNG
propón crear unha ponencia cara un “novo estatus político” e deseñar un novo
modelo de financiamento así como defender unha Axenda galega ante o Estado. Paralizar a prórroga de ENCE,
pagamento do porto exterior da Coruña, reclamar ao Estado 2 mil millóns de euros para
modernización do ferrocarril e convocar Comisión mixta de transferencias son algunas
das propostas que mañá defenderá o BNG no Debate do Estado da Nación ás que
sumará as de proxección exterior de Galiza
e un Plan de impulso de relacións
económicas, políticas, lingüísticas, culturais cos países da CPLP forman parte das prospostas
que mañá defenderá no Debate anual do Estado da Nación. Departamento de comunicación