El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | NOVOS XULGADOS

A Xunta pon en marcha os tres novos xulgados da Coruña, Santiago e Vigo

30-09-2019 12:57:22

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o novo Xulgado do Social número 6 de Vigo coincidindo coa súa posta en funcionamento, que contribuirá a axilizar a tramitación de asuntos e reducir a carga de traballo nesta xurisdición. Á visita tamén acudiron o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro.

O Ministerio de Xustiza asignou a Galicia para este ano tres xulgados, este número 6 do Social de Vigo, o Social número 4 de Santiago de Compostela na rúa Berlín e o Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña no edificio da antiga sede da Audiencia Provincial.

O Goberno central especificaba que a posta en marcha podía facerse de forma escalonada neste cuarto trimestre pero a Xunta solicitou que puidesen poñerse en marcha o antes posible debido á urxencia para a cidadanía. O Ministerio de Xustiza fixou o día de hoxe como primeira data posible para os novos xulgados creados a nivel nacional, entre os que figuran os tres de Galicia. 

O Goberno galego habilitou estas instalacións co mobiliario e o equipamento informático necesarios para poder comezar a traballar. Neste Xulgado traballarán dez persoas entre o maxistrado, o letrado, dous xestores, catro tramitadores e dous auxilios. A súa ubicación está próxima aos edificios xudiciais da rúa Lalín e onde xa estivo o xulgado de Primeira Instancia bis de preferentes. Este espazo será provisional á espera de poder mudarse á nova Cidade da Xustiza cando remate a fase final da rehabilitación do antigo Hospital Xeral de Vigo, prevista para finais do verán de 2020.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias