“Que máis ten que pasar para que
Feijóo compareza no Parlamento galego ante a grave crise industrial que padece
Galiza”? preguntou a viceportavoz do grupo parlamentar, Olalla Rodil ao remate
da Xunta de Portavoces celebrada hoxe no
Parlamento galego para elaborar a orde do día do vindeiro pleno.
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, a
nacionalista lembrou que o BNG solicitou
a comparecencia de Feixóo para que dera explicacións da “enorme crise
industrial” tras o inminente peche da central nas Pontes así como da “vía
rápida de desertización industrial” que vai
desde a factoría de Alcoa en San Cibrao, A Mariña, até a crise dos
estaleiros de Barreras e Vulcano en Vigo, pasando pola térmica das Pontes,
Isowat e antiga factoría de Alcoa na Coruña ao que sumou a situación de
Ferroátlantica na Costa da Morte.
O veto do Partido popular, engadiu Rodil impide que o
Presidente da Xunta compareza como reclamaba o BNG e no seu lugar comparecerá o
conselleiro de Industria, Francisco Conde. Dende o BNG vólvemos a preguntar
“que ten que pasar para que Feixóo dea a cara” e si non lle parece que o
desmantelamento que estamos a vivir non é suficiente para dar explicacións.
“Feixóo non pode esconderse detrás do conselleiro de Industria”, aseverou.
Rodil manifestou que por moito que Feixóo tente agocharche, o BNG centrará o vindeiro pleno
na crise industrial e a pregunta que formulará a portavoz nacional do BNG, Ana
Pontón irá nesta liña e incidindo na crise industrial, o peche de ENDESA nas
Pontes, a situación de Barreras e a deslocalización de empresas como R.
O BNG interpela á sanidade pola venda de Povisa
Por outra banda, avanzou que o BNG interpelará ao
conselleiro de sanidade sobre a venda de POVISA á empresa Ribera Salud,
respondable do “pufo” que obrigou ao rescate do Hospital de Alzira en Valencia.
Rodil salientou a preocupación dos traballadores e traballadoras do centro
sanitario así como das 139 mil persoas da Área sanitaria de Vigo suxeitas ao
concerto con Povisa a venda a un fondo estadounidense.
Finalmente,
a perda continuada de galegofalantes, como reflicte a enquisa do IGI un estudo
que confirma que un de cada catro nenos e nenas menores de 15 anos “non saben
falar galego”. As cifras “son aterradoras” ao que hai que sumar que o 30%
afirman non saber escribir en galego e o 18% lelo. Para o BNG, os datos
evidencian “as nefastas consecuencias do decreto plurilingüismo” e a vulneración
dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas. O BNG defenderá unha
proposición non de lei para a “derogación do decreto e a esixencia de impartir,
como mínimo, o 50% das materias no ensino”. Departamento de comunicación