El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | BNG

Pontón reclama unha solución para As Pontes e a intervención pública en Barreras

02-10-2019 17:40:37

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón instou hoxe a Feijóo a actuar ante a crise industrial que está afectando gravemente a Ferroatlántica, a Alcoa e as Pontes pero tamén a outros sectores como o naval. Pontón tamén asegurou que o Ministerio que dirixe Teresa Ribera debe mudar o modelo de política enerxética que actúa como “camicaze” contra os intereses galegos.  

A portavoz nacionalista afirmou que a actual política enerxética iniciada polo Partido popular e continuada polo Partido socialista, “pon contra as cordas e en risco miles de postos de traballo”. Tanto o PP como o PSOE, explicou, son incapaces de poñer no centro os intereses galegos. Un PP que goberna a Xunta é que non fai nada para que os galegos e galegas nos beneficiemos da enerxía eléctrica que producimos e un PSOE que plantexa unha transacción enerxética errada poñendo nunha difícil situación ás Pontes e a súa comarca. Dende o BNG reclamamos “un plan industrial” semellante a de outros países como Alemaña. O proceso de descarbonización debe contar con este plan porque a outra alternativa é “o deserto industrial” para a comarca de Ferrolterra.  


Rescate público de Barreras 

Para Pontón, Barreras representa “o fracaso persoal de Feixóo” que no ano 2013 nos prometeu que PEMEX sería a “táboa de salvación do sector naval” e seis anos despois temos “aos socios de Feixóo imputados por corrupción en México, un estaleiro en crise,  30 industrias auxiliares afogadas por impagos e máis de 1.000 postos de traballo en risco”. Dende o BNG exiximos á Xunta que deixe de escorrer o vulto e actúe coa “intervención pública, recatando o estaleiro de Barreras para garantir o eu  futuro”.


A Xunta debe demandar xudicialmente os 700 millóns de euros 

Por outra parte, Pontón tamén se referiu ao impago dos 700 millóns de euros e responsabilizou  ao Goberno galego de non  “recoñecer os seus erros e  fracaso para defender os intereses de Galiza”. Como mostra, onte mesmo o conselleiro de facenda “chorimiqueaba” polos 700 millóns de euros que nos debe o Estado. Si realmente eses recursos son nosos o goberno que dirixe Feixóo debe interpoñer unha “demanda xudicial” para reclamalos. Pero ademais, engadiu, hai que mudar o modelo de financiamento para que Madrid non sega  tendo “a chave dos cartos galegos”, temos que administralos nós e non a 600 Km.  


O BNG pon como exemplo de conciliación a escola infantil de Ames 

Na súa visita á Escola Infantil Municipal  da Madalena no Milladoiro, a portavoz do BNG destacou o traballo do BNG no concello a favor das políticas de conciliación e os servizos públicos. Neste sentido, explicou que as iniciativas do BNG propiciaron responder ás demandas das familias a través de escolas infantís e comedores destinando o 20% do orzamento a  educación. Este, recalcou, “é un modelo do que debe tomar nota a Xunta  porque son as receitas que se precisan cara unha alternativa contra a crise demográfica”. A portavoz nacionalista recalcou que a crise demográfica non se resolve con “cheques nin políticas natalistas fracasadas”. Hai que apostar por outro modelo  económico e non penalizar “as mulleres cando deciden ser nais”.  

Acompañada polo portavoz municipal, David Santomil, as concelleiras Natividade de Jesús, Escarlata Pampín e o responsable local, Alexandre Espinosa, e tras visitar as  instalacións da escola,  Pontón manifestou que a Xunta debe cambiar o rumbo e apostar por máis escolas infantís, servizos públicos, mellorar os comedores escolares e máis recursos de conciliación ás parellas e persoas soas que deciden ter fillos e fillas.  

Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG no concello de Ames, David Santomil lembrou que o concello destina o 20% do orzamento municipal ao ámbito educativo reforzando a educación temperá de 0 a 3 anos. Ames, dixo, Santomil é “o concello que máis inviste en comedores e programas de conciliación, máis de 4,5 millóns de euros que repercuten de maneira directa na atracción de poboación xove convertendo a Ames  nun  dos concellos  que máis medra no conxunto do estado”. Departamento de comunicación / BNG





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias