El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | EDUCACIÓN

A Xunta destaca a importancia dunha educación diversa especializada como transición cara a integración social

03-10-2019 16:07:19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, achegouse hoxe ata a exposición Química para un mundo mellor, elaborada por alumnos da ESO e de Bacharelato do Colexio Peleteiro, do IES Rosalía de Castro e do Manuel Fraguas, e que se pode visitar no Centro Fonseca de Santiago de Compostela. Conde eloxiou o labor realizado polos estudantes e destacou a importancia dunha educación divulgativa, práctica, e adaptada ás necesidades do tecido empresarial galego de cara a unha mellor transición ao mercado laboral. 

Deste xeito, o titular de Economía, Emprego e Industria remarcou a importancia de recibir formación ao servizo da sociedade para poder xerar un cambio de modelo, fomentando o talento nos centros formativos e facilitando unha aprendizaxe especializada e profesional para transferir eses coñecementos ao mercado laboral. 

A este respecto, Conde destacou o valor da universidade como antesala do mundo profesional, sinalando o traballo da Universidade de Santiago de Compostela no seu ofrecemento de oportunidades académicas e laborais a centos de alumnos, baseando esta formación nun modelo diverso e exemplarizante.


A mostra 

A exposición, coordinada pola Real Academia Galega das Ciencias, conta con 20 paneis informativos e xira en torno ao 150 aniversario da creación da táboa periódica, dos principais retos do sector químico (como os combustibles fósiles, a farmacoloxía ou a biomasa), e tamén rende homenaxe a Tomás Batuecas, quen fora catedrático de Ciencias Químicas da Universidade de Santiago de Compostela e vicerreitor da mesma, e a quen se dedica o vindeiro Día da Ciencia en Galicia, que terá lugar o 8 de outubro.

Ademais, cada panel inclúe un apartado específico que salienta os fitos achegados polos investigadores químicos galegos, especializados segundo cadanseu ámbito de actuación.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias