Cinco investigadores galegos en activo reciben o martes as Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias
(RAGC). Esta distinción recoñece na súa primeira edición a traxectoria
consolidada de cinco científicos e científicas da Universidade de Santiago de
Compostela (USC) e da Universidade de Vigo (Uvigo).
A entrega das medallas terá lugar no acto académico de celebración do Día
da Ciencia en Galicia, no Colexio de Fonseca (Santiago), e no que tamén se
homenaxeará a figura de Tomás Batuecas, referente internacional na
determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos, e se entregarán os
Premios de Investigación Ernesto Viéitez. As Medallas de Investigación da RAGC distinguen a científicos e
científicas de prestixio que desenvolvesen a maior parte da súa carreira
investigadora en Galicia en cada unha das súas cinco seccións.
A medalla Ánxeles Alvariño, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde,
correspóndelle a Carlos Diéguez González (San Xoán de Río, 1955), director do Centro
Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas
(CiMUS). O catedrático de Fisioloxía da USC, con máis de 35 anos de carreira
investigadora, é un referente a nivel mundial no campo da neuroendocrinoloxi?a.
Os seus máis de 580 artigos científicos foron publicados en revistas de gran
prestixio como Nature ou The Lancet e ten dirixido máis de 40 proxectos de
investigación. Entre os galardóns que recibiu figuran a medalla de ouro da
Sociedade Espan?ola de Endocrinoloxi?a e Nutricio?n e o Premio Geoffrey Harris da
Sociedade Europea de Endocrinoloxi?a.
Alfredo Bermúdez de Castro (A Coruña, 1950) recibe a medalla Enrique
Vidal Abascal, correspondente á sección de Matemáticas, Física e Ciencias da
Computación. O catedra?tico de Matema?tica Aplicada da USC está recon?ecido
pola comunidade cienti?fica internacional como figura clave no desenvolvemento
da súa disciplina en Espan?a. Bermúdez de Castro tivo un papel pioneiro no establecemento
de pontes entre a matema?tica e a industria, ata o punto de que os seus
traballos facilitaron melloras esenciais no proceso produtivo de numerosas
empresas con gran peso na economi?a galega e espan?ola, en a?reas tan diversas
como a metalurxia, o medio ambiente ou as finanzas, entre outros.
A catedrática de Enxeñería Química da USC María Teresa Moreira
(Mugardos, 1969) foi a elixida pola sección de Ciencias Técnicas para recibir a
medalla Isidro Parga Pondal. Está especializada en enxeñería bioquímica e en
xestión do ciclo de vida, ámbitos nos que ten publicado máis de 300 artigos
científicos. Ademais, ten unha dilatada experiencia en transferencia de
resultados de investigación –acreditada polas sete patentes que xa ten
rexistradas– a sectores produtivos como o pesqueiro, o agroalimentario, o da
industria forestal, o do transporte sustentable e o da bioenerxía e
biocombustibles.
A medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas
e Sociais da RAGC, destaca a traxectoria de Xavier Labandeira Villot (Vigo,
1967), catedrático de Economía da Uvigo e director do centro de investigación
Economics for Energy. O seu prestixio no ámbito da economía climática, pública
e enerxética posicionouno como autor principal dos informes de avaliación do
Grupo Intergubernamental sobre Cambio Climático da ONU (IPCC) e como membro do
comité de transferencia a decisores políticos da Asociación Europea
de Economistas Ambientales e de Recursos (EAERE). Ademais, foi director da Florence School of
Regulation-Climate no European University Institute de Florencia e responsable
da Cátedra FEDEA sobre Economía do Cambio Climático.
O director científico do Centro Singular de Investigación en Química
Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), José Luis Mascareñas (Allariz, 1961),
recibe o martes a medalla Antonio Casares Rodríguez, da seccion de Química e
Xeoloxía. Mascareñas, catedrático de Química Orgánica da USC, é considerado un
dos responsables da introdución en España da química biolóxica. Foi merecedor
dunha Advanced Grant, a axuda de
investigación máis prestixiosa do Consello Europeo de Investigación (ERC).
Conta tamén coa Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Química,
institución que lle enconmedou a fundación do Grupo Especializado de Química
Biolóxica.
A celebración da ciencia
A entrega das medallas forma parte da
celebración do Día da Ciencia en Galicia, que a RAGC promove para poñer en
valor a traxectoria dos científicos que historicamente e na actualidade
contribúen de forma significativa ao avance do coñecemento e á súa aplicación á
mellora da calidade de vida das persoas e ao progreso económico de Galicia.
Neste marco, no acto académico de mañá
homenaxéase a figura de Tomás Batuecas, o primeiro catedrático de Química
Física en España, habilitada na USC en 1932. Coincidindo co 150 aniversario da
creación da táboa periódica, a RAGC recupera e difunde a figura deste referente
internacional na determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos. Esta mesma tarde, o Concello de Santiago
colocará nun dos bancos do Parque das Ciencias Isidro Parga Pondal unha praca
na súa honra, que se sumará á dos científicos galegos recoñecidos en anos
anteriores. Ademais, grazas á colaboración do Consello da Cultura Galega,
será distribuída nos centros escolares de toda Galicia unha unidade didáctica
elaborada por expertos sobre a figura e o legado de Batuecas.
Tamén serán entregados os Premios de
Investigación Ernesto Viéitez a un equipo liderado polo Grupo de Agronomía do
Campus de Lugo da USC e ao investigador do CiMUS Juan Cuñarro. Departamento de comunicación