A coordinadora
electoral de Esquerda Unida no relativo ao proceso de primarias á presidencia
da Xunta, traslada que transcorridos os prazos e tras terse presentado unha soa
candidatura en tempo e forma segundo o regulamento aprobado, a candidatura de
Eva Solla, A esquerda con forza, pasará a ser ratificada polo máximo
órgano de dirección de Esquerda Unida.
Remata pois a
primeira fase do proceso de primarias de Esquerda Unida cara as eleccións
autonómicas 2020, que dará paso xa no mes de novembro, á 2ª fase na que se
elixirán ás persoas que Esquerda Unida postulará dende as catro provincias para
concorrer ás eleccións autonómicas do 2020. Esta segunda fase dará
comezo o 22 de novembro coa proclamación das precandidaturas provinciais nas
que se elixirán 4 persoas por provincia.