O presidente da Xunta, Núñez
Feijóo, insistiu hoxe na necesidade de impulsar novas medidas para
abordar de forma máis eficaz a transición enerxética, co obxectivo de
que esta poida levarse a cabo de forma xusta e gradual. Na súa opinión,
isto facilitaría a reactivación da central térmica de Endesa nas Pontes e
que a compañía poida completar a adaptación ordenada que xa estaba
impulsando nos últimos anos.
Así o defendeu tras manter unha
reunión co conselleiro delegado de Endesa, José Bogas, ao que lle
trasladou a preocupación do Goberno galego pola situación na que se
encontra a fábrica das Pontes e a afectación que un posible peche tería
para as 750 familias que dependen dela directa ou indirectamente. Por
iso, solicitou a implicación da compañía para encontrar unha fórmula que
garanta a viabilidade da central.
Neste sentido, o presidente
expuxo as propostas que tanto a Xunta como o Concello de As Pontes
consideran positivas para dar unha resposta á situación que atravesa a
planta e poñela en igualdade de condiciones cos distintos países
europeos que, no marco da normativa comunitaria, manteñen activas máis
dun centenar de centrais térmicas. Entre eles, figuran Alemaña, Polonia,
República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Romanía, Bulgaria,
Grecia, Hungría, Finlandia, Irlanda, Dinamarca, Holanda, Austria,
Francia, Italia ou Portugal.
Tamén a previsión inicial de Endesa
era prolongar a vida útil da central das Pontes, polo que de feito
investiu 217 millóns de euros para adaptar as súa emisións aos
requisitos ambientais fixados polas autoridades comunitarias para ese
período. Por iso, Feijóo pediu ao conselleiro delegado de Endesa que a
compañía estude alternativas para que a planta poida seguir sendo
competitiva, análises que deben acompañarse de medidas que adecúen o
marco enerxético.
No ámbito nacional, a iso podería contribuír a
eliminación do imposto ao carbón (como xa se fixo no caso do gas), así
como outras medidas fiscais. No plano europeo, existe a posibilidade de
que o Goberno central solicite á Comisión Europea a aprobación de
medidas de compensación de custos indirectos, algo que xa se autorizou
no caso de países como Alemaña.
Ademais de competir en
igualdade de condicións co resto de Europa, que mantén a produción de
enerxía con carbón en maior ou menor medida, o presidente galego
subliñou que a planta disporía así dun período transitorio para seguir
buscando outras alternativas que poidan resultar útiles para substituír
progresivamente o uso de carbón.
Ademais, subliñou que acelerar
o peche abrupto da central das Pontes dificultaría a planificación
adecuada da transición enerxética cos fondos que a Unión Europea vai
poñer á disposición das zonas afectadas por este tema a partir de 2021,
tal e como lle confirmaron ao conselleiro de Economía, Emprego e
Industria, Francisco Conde, esta mesma semana na súa visita a Bruxelas.
En consecuencia, defendeu que Galicia non quede fóra da Estratexia de
Transición Xusta que vai impulsar o Goberno central.
Por todo
isto, insistiu na necesidade de que teña tempo para preparar de forma
ordenada a transición no marco da Unión Europea e cos fondos previstos,
obxectivo que comparten os directivos comunitarios e que é o único
camiño para impedir un impacto social irreparable (que no caso das
Pontes afectaría de forma especial ao cadro de persoal, ás auxiliares e
aos transportistas que traballan para a central).
Creación dunha mesa de traballo
Tras
constatar a receptividade da empresa para avaliar esta posibilidade, o
presidente valorou a dispoñibilidade de Endesa a participar nunha mesa
de traballo coas distintas administracións para avaliar conxuntamente as
alternativas que existen para levar a cabo unha transición enerxética
real que asegure a continuidade da central das Pontes.
En
opinión do presidente, a transición enerxética debe servir para xerar
novos proxectos, consolidar os postos de traballo e contar con novas
oportunidades para a comarca, de forma que o uso do carbón se substitúa
progresivamente por outras alternativas que sigan facendo da central
unha fonte de emprego e de riqueza para a comarca e para o conxunto de
Galicia.