El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

SOGAMA

Minicontenedores rosa para apoiar a loita contra o cancro de mama

18-10-2019 16:02:46
Javier Domínguez Lino (d), e Isidro García Téllez.

CERCEDA | O sábado conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Mama, o tumor máis frecuente nas mulleres occidentais. Co fin de contribuír a dar visibilidade a unha enfermidade que cada día sorprende e angustia a moitas persoas, Sogama uniuse á causa sacando unha edición limitada de minicontedores de cor rosa co lema “Sempre contigo”. 

En calidade de empresa pública comprometida co medio ambiente, a saúde e o benestar da cidadanía, con este xesto quere alentar e animar ás mulleres que padecen esta doenza a continuar na loita; unha batalla que se pode gañar, e de feito se gaña, desde a valentía, o optimismo, a ilusión e a esperanza, sendo o diagnóstico precoz unha das principais armas para combatela.

É por isto que, durante os próximos días, a Sociedade Galega do Medio Ambiente entregará, no transcurso das distintas accións educativas que leve a cabo en centros educativos e colectivos sociais, partidas de minicontenedores rosa para que nenos e maiores garden neles os seus pequenos obxectos favoritos ou ben eses bolígrafos e lapis cos que cada día escriben e dan forma ás súas ilusións, sen esquecer que vivir significa tamén loitar contra a enfermidade e que esa loita sempre é máis levadía coa comprensión e o apoio do conxunto da sociedade. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias