El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | PPdeG

O PPdeG destaca a aposta decidida do Goberno galego pola preservación das especies autóctonas e nega a eucaliptización

20-10-2019 20:26:11

O PPdeG destaca a aposta do Goberno Galego pola preservación das especies autóctonas e nega que se estea a eucaliptizar Galicia. Considera, pois, que a mobilización carece de fundamento e obedece unicamente a motivacións políticas e partidistas. 

Neste senso, os populares galegos fan referencia a que, dos máis de 1,4 millóns de hectáreas de superficie arborada da nosa comunidade, só 287.984 son de cultivo de eucalipto e inciden en que o Goberno galego non subvenciona a plantación desta especie. E é que, tal e como explican, a súa repoboación mantena a iniciativa privada e a repoboación co resto de especies conta co apoio da Xunta a través de liñas de axudas.

Fan fincapé no claro e tanxible compromiso que o Goberno galego ten coa plantación das especies autóctonas e recordan os máis de 10,3 millóns de euros destinados a accións silvícolas en máis de 5.000 hectáreas de monte, para a prevención de lumes o ano que vén; así como tamén o decreto polo que se crea e regula o rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas, co fin de mellorar a conservación e posta en valor destas masas como recurso económico, social e forestal fundamental de Galicia. Inciden, ademais, nas achegas para a creación de superficies forestais, que superan os 4,4 millóns de euros. Polo tanto, apuntan que non se lle pode reprochar á Xunta de Galicia que non faga unha aposta decidida pola preservación das especies autóctonas e da biodiversidade. 

Os populares galegos consideran, ademais, que non ten sentido vincular eucalipto e incendios, xa que, a provincia de Ourense -a máis castigada polos lumes- é onde menos superficie de eucalipto existe.

Lamentan, tamén, que se tente acusar de escurantismo ao Plan Forestal, cando, ademais de remitírselle a administracións e a asociacións implicadas e de debaterse no Consello Forestal de Galicia, onde está representado todo o sector, levarase ao Parlamento de Galicia, para a súa avaliación por todos os grupos. Neste senso, destacan que dito plan planifica un equilibrio dos diferentes usos do territorio forestal e aposta por garantir un monte sustentable, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social, e asegurar un enfoque multifuncional dos diferentes aproveitamentos do territorio forestal, que van desde os propiamente madeireiros ata os relativos a pastos, castañas, cogomelos, froitos e mesmo aos usos lúdicos e sociais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias