El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | LEI DE XOGO

A Xunta incide na importancia de seguir acadando medidas de consenso na redacción definitiva da futura Lei de Xogo

23-10-2019 19:49:45

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na clausura do VI Encontro da Asociación Galega de Empresas Operadoras (AGEO) para a competitividade do sector, onde fixo especial fincapé en seguir acadando medidas de consenso para a redacción definitiva da futura Lei de Xogo.

Alfonso Rueda explicou que o Goberno galego está inmerso no proceso de elaboración da nova lei de xogo, que permitirá actualizar a anterior Lei -foi aprobada en 1985-, coa premisa de adaptala aos tempos actuais e aos novos modelos de xogo, mantendo múltiples reunións cos diferentes colectivos, asociacións, representantes Anpas, e empresarios, en xeral con todos os sectores que poidan estar involucrados nesta Lei. 

A Xunta é consciente da preocupación social que se está xerando ao redor do xogo, de aí que estea traballando sobre a nova Lei con grupos de traballo, na procura do máximo consenso e sempre coa vontade de que todos os sectores que poidan estar involucrados poidan facer as súas achegas para que sexa aprobada co máximo consenso. 

Alfonso Rueda apelou á responsabilidade de todas as partes nun sector que ten unha gran importancia na actividade económica e que contribúe en gran medida á xeración de riqueza e emprego na nosa comunidade, sendo un sector cunha actividade económica lícita, que se atopa controlada, vixiada e sometida a unha importante fiscalidade. 

O obxectivo principal desta Lei é adaptarse ás novas realidades e regular un xogo responsable, de aí que inclúa novidades como o reforzo dos controis ou a limitacións no número de establecementos- actualmente xa está vixente un decreto que limita novas aperturas- e unha maior protección dos menores, incluíndo a obrigatoriedade de que todos os establecementos de xogo deberán ter control de acceso para evitar a entrada de menores e tamén das persoas que figuran voluntariamente no rexistro de prohibidos e establece maiores restricións á publicidade. Tamén se creará un Observatorio do Xogo e destinarase unha cuarta parte das sancións ao seu financiamento e a poñer en marcha campañas de prevención.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias