O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e membro da dirección do
partido en Galicia, será o novo presidente da Federación Galega de
Municipios e Provincias. Tralo resultado “histórico” do PSdeG
nas pasadas eleccións locais, tralas que goberna a máis da metade da
cidadanía galega, correspóndelle aos socialistas a presidencia desta
entidade e “queremos representar o noso compromiso co municipalismo na
figura de Alberto Varela”, tal e como destacou Gonzalo Caballero.
“Gobernamos
tres das catro deputacións, cinco das sete cidades, temos máis dun
millar de concelleiros e concelleiras e máis dun cento de alcaldes e
alcaldesas”, detallou o líder dos socialistas galegos, quen avanzou que a
vicepresidencia executiva da Fegamp recaerá nunha alcaldesa do PSdeG.
En
canto á elección do rexedor de Vilagarcía, Gonzalo Caballero explicou
que “queremos amosar unha nova xeración que representa a Galicia que
queremos para o futuro”. “É a referencia da capacidade de liderado dunha
nova xeración que queremos contribuír a facer a mellor Galicia
posible”, recalcou.
Os concellos socialistas, "garantía" fronte á Xunta
Ademais,
o máximo dirixente do PSdeG puxo en valor que Alberto Varela lidera “a
segunda cidade con maioría absoluta” despois de Vigo, posto que logrou
mellorar os resultados do mandato anterior. “Ten todo o referendo dun
gran concello”, argumentou, antes de situar aos concellos socialistas
como “a garantía para solucionar os problemas da cidadanía” aos que a
Xunta non dá resposta.
Ademais, o máximo dirixente do PSdeG puxo
en valor que Alberto Varela lidera “a segunda cidade con maioría
absoluta” despois de Vigo, posto que logrou mellorar os resultados do
mandato anterior. “Ten todo o referendo dun gran concello”, argumentou,
antes de situar aos concellos socialistas como “a garantía para
solucionar os problemas da cidadanía” aos que a Xunta non dá resposta.
Tamén
tivo palabras Gonzalo Caballero para “a magnífica tarefa” levada
adiante por Alfredo García, alcalde do Barco de Valdeorras, á fronte da
Fegamp no mandato que agora conclúe. “Recoñecemos o seu compromiso
municipalista e a súa magnífica tarefa”, sinalou, para explicar que
“agora ábrese unha nova etapa” nun ente no que a presidencia sempre foi
rotatoria.
Pola súa banda, Alberto Varela agradeceu “a
confianza” amosada polo secretario xeral do PSdeG e salientou tamén o
traballo da dirección saínte da Fegamp, con Alfredo García á fronte.
Na
nova etapa, como asegurou, será “o maior defensor do municipalismo
galego”. “Os concellos estamos moi acostumados a que a Xunta nos poña
deberes e nos transfira competencias que nunca veñen acompañadas de
partidas orzamentarias, así que defenderemos a autonomía local”,
avanzou o alcalde vilagarcián.
“Somos a administración máis
próxima á cidadanía e queremos unha distribución xusta de competencias,
e que esas competencias, que cada vez asumimos máis os concellos,
conten con fondos por parte da Xunta”, incidiu Alberto Varela, ao tempo
que garantiu traballo para estar “á altura da confianza depositada”
nel.
O PP, "de mentira en mentira"
En
paralelo, trala xuntanza da Comisión Executiva Nacional Galega do
PSdeG na que se materializou o nomeamento de Alberto Varela, Gonzalo
Caballero sinalou que faltan 15 días para unhas eleccións xerais nas
que “se decide o futuro do país, se decide se avanzamos da man do PSOE
ou retrocedemos cunha coalición das tres dereitas”.
De feito, o
líder socialista advertiu de que “onde lles dan os votos, suman”, como
aconteceu en Madrid, en Murcia ou en Andalucía, e apuntou que pode
chegar ao goberno de España unha forza como Vox, que “quere eliminar o
dereito á interrupción do embarazo e os avances contra a violencia
machista”, por poñer dous exemplos.
Por iso, os socialistas
“faremos unha campaña de proximidade, percorrendo Galicia concello a
concello” para dicir que “á cidadanía galega vaille ben cun goberno
socialista que pensa nos intereses da maioría”. Precisamente mañá
estará o presidente do goberno, Pedro Sánchez, na Coruña, o que supón
“un elemento de impulso” para a mobilización do electorado progresista.
Mentres, criticou Gonzalo Caballero, “o PP vai de mentira en
mentira” nesta campaña.
“O PP de Feijóo inventa e mente de xeito
continuo despois dos batacazos electorais que o deixaron sen rumbo”,
incidiu, en referencia á “estratexia de confrontación” co goberno de
Pedro Sánchez. Aludiu así á reclamación de Feijóo das entregas a
conta xa anunciadas polo ministerio de Facenda; ás súas “mentiras”
sobre que a falta de compromiso do goberno de España coa industria
galega, cando onte mesmo se aprobaron axudas por 25 millóns de euros
para Alcoa San Cibrao; ou as referencias á chegada do AVE.
“Cando
a Xunta pide a Ábalos que veña a explicar as datas do AVE é porque xa
asume que vai seguir sendo o ministro de Fomento, porque xa saben que o
PP ten perdidas as eleccións”, sinalou Gonzalo Caballero, ao tempo que
destacou que “non hai un só segundo de retraso por decisión do
goberno”. Departamento de comunicación