El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | TURISMO

Galicia reforza a súa promoción turística en 14 mercados internacionais

27-10-2019 12:56:00

Galicia impulsa estes días preto dunha decena de accións promocionais para reforzar a súa imaxe turística en ata 14 mercados internacionais diferentes coa intención de seguir afondando na internacionalización do destino. 

A Comunidade remata hoxe a súa participación na Jata Tourism Expo Japan, a feira turística de maior repercusión en Xapón e a principal de Asia, cun módulo dentro do expositor de Turespaña no recinto Tokyo International Exhibition Center. A enogastronomía é un dos recursos máis salientables dentro da nosa oferta turística, por iso, tamén Galicia se promociona esta fin de semana nun dos principais eventos gastronómicos de Alemaña. Trátase de Kulinart, onde os visitantes poden contar con degustacións gastronómicas con produtos típicos galegos. 

Son dúas accións que culminan unha semana de intensa actividade promocional. Galicia ten presenza en Canadá, na International Tourism&Travek Show, que cumpre a súa 31ª edición e que reúne en Montreal a máis de 400 expositores de 100 países e un alto índice de visitantes. Ademais, a Xunta de Galicia organiza, dentro do plan de acción da España Verde e en colaboración con Asturias, un press trip para un grupo de xornalistas de diversos medios franceses. Con motivo do 30 aniversario desta marca turística Galicia acolleu, igualmente, os actos finais das conmemoracións nas que participaron xornalistas de Austria, Suíza, Francia, Alemaña, Australia, Arxentina, México, Brasil ou Estados Unidos.

Así mesmo, Galicia celebrou a súa primeira acción promocional en Luxemburgo coa súa participación no Día de España en Luxemburgo, un país especialmente interesante por mor do alto poder adquisitivo e o seu potencial interese cara o destino. Ademais, o Goberno autonómico acompaña os diferentes workshops organizados polo Clúster Turismo de Galicia  en Málaga e Sevilla e farao a vindeira semana en Lisboa.


Destino de cruceiros para Miami 

Nesta semana continuarán as iniciativas promocionais cunha viaxe de familiarización organizada pola Xunta en colaboración coa Oficina de Turismo de Miami para un grupo de executivos dos principais navieiras norteamericanas que os recursos asociados ao turismo de cruceiros, con especial incidencia nos portos galegos, as súas instalacións e servizos, pero tamén parte da oferta turística galega. Visitarán Vigo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Ribeira Sacra, Baiona ou Combarro, entre outros





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias