O Servizo Galego de Saúde inaugura hoxe
unha nova canle de comunicación para os seus profesionais. Trátase da
“Enquisa Clima Sergas 2019” a través da cal, os traballadores da
organización van ter a posibilidade de opinar sobre distintos aspectos
que teñen relación co seu posto do traballo.
A través da súa
participación nesta enquisa, os profesionais poderán opinar, evaluar e
facer suxestións sobre a organización na que traballan. Para elo deberán
contestar a unha serie de preguntas, priorizando o que consideran que
ten maior importancia no seu traballo. Cómpre destacar que a
enquisa terá un carácter anónimo e confidencial e que está aberta a
todos os traballadores do Servizo Galego de Saúde que desexen participar
nela.
O obxectivo da “Enquisa Clima Sergas 2019” é coñecer a
opinión de todos os traballadores para poder levar a cabo medidas que
contribúan á consecución dun clima laboral satisfactorio que favoreza o
desenvolvemento profesional e humano dos profesionais. Deste xeito, o
persoal do Servizo Galego de Saúde identificará os puntos a mellorar.
Isto permitirá levar a cabo accións para incidir, de xeito positivo, no
ambiente laboral e indirectamente, tamén na asistencia sanitaria.Esta
iniciativa enmárcase dentro do proxecto ConVive, que ten como obxecto a
mellora da convivencia e atención do persoal que integra o Servizo
Galego de Saúde. A enquisa estará aberta ata o vindeiro 31 de decembro.