El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | BNG

Pontón: "Imos a por todas porque Galicia gana co BNG no Congreso"

31-10-2019 14:28:10

Converter a inutilidade das forzas estatais nunha oportunidade: a de darlle voz propia a Galiza para facer valer no Estado os intereses dos e das galegas. Con ese obxectivo, proclamou a portavoz nacional, Ana Pontón, o BNG sae a por todas para colocar Galiza na axenda política do Estado a partir do 10N.  

“Imos a por todas para converter a decepción en ilusión, esperanza e confianza e ter voz no Congreso da man dunha forza propia que, está demostrado, é a única maneira de conseguir que as necesidades, aspiracións e soños da xente deste país cobren forza. Ese é o compromiso do Bloque: dar a cara polos intereses dos e das galegas”, salientou no acto de apertura de campaña cos e coas candidatas cabezas de lista ao Congreso.  

Tras o espectáculo destes meses e o historial de discriminación das forzas estatais, “hoxe hai miles de persoas que teñen clarísimo que Galiza gana cando o BNG está no Congreso, que ven no 10N a oportunidade de facer algo diferente: apoiar ao BNG para defender unha axenda de país que nos faga avanzar, que acabe con tanta discriminación e pasotismo para facernos valer no Estado. En definitiva,  para conseguir un futuro mellor”.  

Pontón dirixiuse ás persoas que poden estar “desesperanzadas” para dicirlles que hai alternativa “se optamos por defender o noso dándolle voz propia a este país da man da única forza que xoga a favor de Galiza”  

A líder nacionalista deixou claro que, nun escenario sen maiorías absolutas, a representación do Bloque será decisiva e permitirá condicionar a política do Estado a favor deste país: solucións a un sector industrial en crise, a favor dos 22.000 usuarios que a diario soportan a estafa da AP9, a favor dos 200.000 mozos e mozas emigradas, darlle alternativa ás mulleres que reclamamos igualdade, ou para afrontar os desafíos ambientais e sociais.  

Pontón subliñou que o Bloque “é a alternativa” ao bipartidismo PP-PSOE, expertos en dicir unha cousa na oposición e facer a contraria cando gobernan ou ante un Podemos que pactou os peores orzamentos do Estado para Galiza en vinte anos. “O BNG nunca lle fallou a este país”, recalcou. 


Desencanto e cabreo  

Apelou as persoas “desencantadas e cabreadas” porque viron como o voto as forzas estatais traduciuse, unha vez máis, en  23 deputados e deputadas electas “que non actúan en defensa de Galiza senón que van a Madrid a facer o que lle mandan os seus xefes de filas”. Fracaso tamén das forza da esquerda, que continuaron co mesmo ninguneo do PP a Galiza, e ademais foron “inútiles” na defensa dos dereitos e das liberdades: aí seguen intactas a Lei Wert, a Lei Mordaza e as contrarreformas laborais. Nin dereitos socias, nin Galicia.  

“A todas esas persoas pídolles que esta vez fagan algo diferente: que aposten polo BNG, porque somos a garantía de que defenderemos unha axenda de país e un axenda social de dereitos e liberdades e democracia. Ese é o compromiso dunha forma con palabra, que sempre estivo aí e nunca se equivocou de lado: o lado de Galiza, dos e das galegas”, concluíu.


Rebeldía e inconformismo 

Pola súa parte, a cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, fixo un chamamento a xente moza: “apelamos á esperanza, a rebeldía e ao inconformismo da mocidade para gañar o futuro, non vale caer na resignación nin nun suposto voto útil que pasa a ser como unha mala resaca ao día seguinte pedimos confianza  na capacidade e no potencial do país para levar unha voz netamente galega ao corazón político do Estado”.  


Emerxencia ambiental  

Carme da Silva, que lidera a candidata por Pontevedra, apelou os feitos do BNG alí onde ten capacidade de decisión “para facer do noso territorio o que ten que ser e non no que o teñen convertido hoxe, demostrámolo nos concellos que gobernamos, demostrámolo en Pontevedra, un referente internacional de políticas ambientais”. Salientou que a formación nacionalista ofrece “un proxecto sólido, unido, coherente, que suma e confía na sociedade galega. Queremos que a sociedade confíe en si mesma, iso é o que pedimos este 10N”.  


A Galicia interior

O candidato ao Congreso por Ourense, Francisco García, fixo fincapé na urxencia de darlle voz propia á “Galicia interior” parar deixar atrás as consecuencias “das políticas de PP e PSOE que significan decadencia demográfica, económica e falta de perspectivas de futuro. Queremos mudar esas políticas para darlle ao país un futuro mellor a partir do día 10N”.


Esta vez é posible

Nestor Rego, que encabeza a lista pola Coruña, destacou que o BNG “estará no Congreso cunha actitude activa de defensa dos intereses do país para colocar permanentemente sobre a mesa as necesidades de Galiza, reclamar os investimentos necesarios e solucións de futuro”. “Está vez é posible porque moitas persoas volven a mirar para o BNG, a única forza galega que se presenta ás eleccións e a única que pode mudar a situación a favor do país”, salientou, tras apelar a todas as persoas decepcionadas co fiasco das forzas estatais. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias