El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero: "Temos que dicirlles alto e claro que os galegos non queremos ver a Casado e a Abascal no Consello de Ministros"

31-10-2019 18:23:42

A CORUÑA | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lanzou hoxe a primeira apelación ao voto dende A Coruña, nun acto no que estivo acompañado da ministra de Economía, Nadia Calviño; a alcaldesa da cidade, Inés Rey, e candidatos socialistas ao Congreso e ao Senado.


Dende alí, Gonzalo Caballero chamou “a todos os galegos e todas as galegas que non queren ver a Abascal como vicepresidente de Pablo Casado” a escoller a papeleta do PSOE e, así, seguir profundando nos avances sociais impulsados no último ano e medio de goberno socialista.



“Temos que seguir progresando: defendendo o sistema público pensións e o estado do benestar, mellorando a calidade de vida dos traballadores, engadindo novos dereitos e liberdades, apostando pola igualdade entre mulleres e homes…”, enumerou o líder dos socialistas galegos, consciente de que todo iso está en risco se Casado pacta con Vox para acceder ao poder.



“No PSOE temos un proxecto positivo para a cidadanía”, recalcou Gonzalo Caballero, quen fixo fincapé que nesta ocasión é “moi necesario” acudir a votar e facelo polo proxecto que encarna Pedro Sánchez para así frear o avance da ultradereita que prognostican as enquisas.



Sobre todo, como dixo o máximo dirixente do PSdeG, porque mentres os sectores conservadores están tentando inducir a desmobilización da esquerda de cara ao vindeiro 10 de novembro, “as dereitas e a ultradereita si van ir votar”. “Temos que dicirlles alto e claro que os galegos non queremos ver a Casado e a Abascal no Consello de Ministros”, concluíu. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias