O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantén hoxe unha
ampla axenda de campaña que o levará a percorrer tres provincias en
compañía do ex-ministro Ángel Gabilondo, actual portavoz socialista na
Asamblea de Madrid.
Ambos comezaron a xornada cunha
visita a Santiago, en compañía do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e
membros da candidatura socialista pola Praza de Abastos. A continuación,
foi Ourense a cidade elixida para unha xuntanza coa cidadanía no marco
da campaña das eleccións xerais. Para Gonzalo Caballero,
nesta campaña hai moito en xogo, porque decidimos entre “os avances” que
representa o PSOE e “o retroceso” que implica nos nosos dereitos e
liberdades a unión das dereitas coa ultradereita. E, neste punto, Ángel
Gabilondo apostilou: “Que nadie dude de que la derecha, si puede,
sumará”.
En primeiro termo, o líder dos socialistas
galegos fixo referencia a unhas palabras de Feijóo nas que admitía que
Pablo Casado era o pasado mes de abril “descentrado, estridente e
áspero”: “Estamos de acordo, pero erra cando di que cambiou, porque o
único cambio é que agora deixou barba e que fala menos porque o teñen
agochado”.
“O PP do mes de abril é o mesmo que o que vai a
estas eleccións”, incidiu Gonzalo Caballero, quen pediu á cidadanía
galega “unha mobilización masiva” para que España “siga tendo un
presidente do goberno comprometido coas cuestións sociais e comprometido
con Galicia”.
Así o dixo despois de que ata os propios
dirixentes do ADIF na etapa de Mariano Rajoy recoñeceran que “non se
fixeron daquela todas as inversións” para cumprir os prazos marcados,
desmontando así “a estratexia de teatro de Feijóo”. “Tivo que chegar un
goberno socialista para amosar un compromiso claro e nítido”, recalcou.
Ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou que Ana Pastor tivo que
“fugarse” das listas do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra
tralo “batacazo” do pasado 28 de abril. “Vai para Madrid despois de ser
retirada como referencia política en Galicia”, evidenciou, toda vez que
foi na súa etapa cando se frearon as inversións no AVE.
“Evitar que suceda"
A continuación, Ángel Gabilondo
puxo o foco en que en que PP, Vox e Cs “sumarán” os seus votos despois
das eleccións xerais, como el sabe ben na Comunidade de Madrid, e os
utilizarán para levar a cabo “unas políticas que están realmente
alejadas de la defensa de los derechos y las libertades”.
“Lo
que hay detrás es un discurso sobre un modelo económico, social y de
relaciones humanas al que tenemos que hacer frente, con toda dignidad y
con toda paz", sinalou o ex-ministro, para chamar a “aglutinar as forzas
en torno ao PSOE”. Trátase, como dixo, de “evitar que
suceda” un modelo que “no nos gusta”. “Nosotros creemos en un modelo de
progreso, en un modelo de justicia social y en un modelo también de
futuro para España”, defendeu o voceiro socialista, e advertiu que a
dereita “non levará ao país na dirección do progreso”.
“A
dereita non traerá progreso para o país”, recalco Ángel Gabilondo,
máxime porque a dereita “está condicionada polos votos de Vox, que
marcarán un calendario de acción que non é o que necesita o país”. Así
pois, pediu “un ejercicio de responsabilidad” para mobilizarnos de cara
ao 10-N tanto “por respeto a quienes nos han traído hasta aquí, hasta
el camino de la democracia” como porque “si no votamos, deciden otros”.
As dereitas e a ultradereita, incidiu, “irán a votar”.
Santiago "xógase moitísimas cousas" o 10N
Durante
a visita a Santiago, Gonzalo Caballero e Ángel Gabilondo estiveron
acompañados polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, quen agradeceu a visita
tanto e sinalou que a capital galega “xógase moitísimas cousas” nas
eleccións xerais do vindeiro 20 de novembro. “Os grandes
avances nesta cidade sempre estiveron vinculados a un goberno socialista
en Madrid”, recordou Bugallo, quen referiu que as grandes
infraestruturas e equipamentos de Compostela tiveron “o impulso” do PSOE
dende o executivo central. Por iso, coa vista posta no reto do Xacobeo
2021, e dos seguintes, fixo fincapé en que “necesitamos un goberno
presidido por Pedro Sánchez”.
“Pactos indignos"
Na
segunda parada da xornada, en Ourense, o secretario provincial do
PSdeG, Rafa Villarino, sinalou as “similitudes entre os pactos indignos
da dereita, baseados no xogo sucio, que impediron gobernar á esquerda”
tanto en Ourense como en Madrid.
“Os socialistas
mantivemos a dignidade e agora podemos dicirlle á xente que, de novo,
ten que saír a votar para seguir a progresar” porque “somos a única
posibilidade que ten Ourense fronte ó retroceso da dereita”, concluíu. Departamento de comunicación