A
portavoz nacional, Ana Pontón, considera que o debate a cinco entre os
candidatos das forzas estatais só fixo dar novos motivos para votar BNG.
Por tres razóns: constatou a ausencia
de Galicia, -salvo mencións anecdóticas ao longo de tres horas-, a persistencia
do circo e a irresponsabilidade na que están inmersas as forzas estatais e,
finalmente, tamén interpela a Feijóo para que aclare se apoia os pactos do PP coa
extrema dereita que quere ilegalizar as institucións democráticas galegas e a
unha forza nacionalista como o Bloque.
A líder nacionalista fixo fincapé na
extrema dereita que, en prime time,
pediu a ilegalización das institucións democráticas galegas, a ilegalización da
autonomía, do autogoberno e dunha forza como o BNG, que ten como obxectivo a
defensa de Galicia. Polo que interpelou directamente a Feijóo sobre os pactos do
PP cunha extrema dereita que pretende ilegalizar Galicia.
“Houbo unha forza política coa que
pacta e goberno o PP de Feixóo que pediu a ilegalización das institucións de
autogoberno de Galiza, que había que ilegalizar ao Parlamento galego, á Xunta e
a forzas políticas democráticas como o BNG, única e exclusivamente por defender
os intereses deste país”, recalcou, por iso, “quero emprazar a Feijóo porque
non pode seguir calado e de perfil cando o Seu partido está gobernando cos que
queren suprimir e ilegalizar o autogoberno de Galiza, suprimir e ilegalizar a
forzas políticas democráticas”, recalcou.
“Feijóo ten que dicirnos antes do 10N
de que lado de está: se está do lado da democracia ou está do lado dos que
queren liquidar o autogoberno de Galiza, é importante que no lo aclare, senón
di nada, será cómplice dos que queren que Galiza non exista, ten que aclarar se
está a favor ou non dos pactos do seu
partido con quen quere ilegalizar as institucións democráticas de Galicia”,
demandou.
“Vimos un debate de tres horas no que
Galicia volveu ser unha anécdota, unha anotación a pé de paxina, unha nova
constatación de que se queremos ter voz propia, se queremos que os intereses
deste país pesen no Estado é necesario que o BNG teña representación no
Congreso a partir do 10N. Somos a única garantía de que os problemas deste país
e da súa xente van estar, a única garantía para cambiar o pasotismo e a
discriminación pola defensa dos seus intereses dos galegos e das galegas”,
alegou.
Pontón tamén denunciou a persistencia
do bloque e do “espectáculo lamentable no que está convertido a política
española”, un falso debate “no que pesaron máis os egos, a frivolidade, e moi
pouco darlle alternativas reais ante aos problemas do país, cuns candidatos que
parecen moi cómodos perpetuando unha situación de bloqueo”.