El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | GALIZA NOVA

Galiza Nova chama á mocidade galega a mobilizarse nas vindeiras eleccións estatais

06-11-2019 15:51:44

A organización xuvenil nacionalista, Galiza Nova, chama ao voto da mocidade galega para as vindeiras eleccións do 10N e o respaldo ao BNG como única voz galega. A campaña estase a desenvolver nas rúas de toda Galiza e nas Redes Sociais da organización xuvenil co obxectivo de "dar peso político a Galiza nas cortes do Estado".

A situación de inestabilidade política provocou descontento e desmobilización nas xeracións máis novas que teñen dereito a voto para as vindeiras eleccións do 10 de novembro. Este contexto provoca a que a mocidade non participe activamente exercendo o seu dereito a voto.

Dende Galiza Nova están a desenvolver unha campaña nacional a prol da mobilización da mocidade galega para que exerzan o seu voto o 10N. A campaña estase levando a través das RRSS e nas rúas de todo o país. Lingua, medioambiente, dereitos, feminismo: son algunhas das propostas que levan na súa campaña, apoiando o voto ao BNG nestas eleccións. 

"Precisamos que a mocidade galega teña unha voz propia no Congreso dos Deputados. Unha voz que sexa capaz de levar os nosos problemas e reivindicar un futuro na nosa terra" explicou o Secretario Xeral da organización xuvenil, Paulo Riós. "A mocidade galega enfronta unha situación de emerxencia social, cun desemprego xuvenil dos máis altos do Estado e cunhas condicións de precariedade e temporalidade nunca vistas para as mozas" sinalou o Secretario Xeral.

Asemade, Paulo Riós, explicou que "temos que defender o noso futuro e o noso presente, por iso é polo que neste 10 de novembro a mocidade ten que votar ao BNG. Precisamos que se defendan os nosos problemas específicos tal e como ocorre noutros territorios do Estado que, mediante forzas propias, son quen de condicionar aos gobernos estatais e de conseguir melloras para a sociedade".


Sen maiorías absolutas, voz propia no Congreso para a mocidade galega

A organización xuvenil, Galiza Nova, explicou que "nun contexto no que non haberá maiorías absolutas e no que as forzas nacionalistas poden condicionar as políticas, a voz da sociedade galega ten que escoitarse o BNG". Para Galiza Nova, a solución de moitos problemas de Galiza, pasa por que a mocidade se mobilice o vindeiro 10N e vote ao nacionalismo porque "daralle peso político a Galiza, dentro do Estado aportando unha axenda propia; resolverá problemas sociais dende unha perspectiva de esquerdas e das clases populares e freará a representación do fascismo". Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias