O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou hoxe un
mitin na Mariña xunto co voceiro socialista no Senado, Ander Gil, no que
chamou a rexeitar “o pacto implícito das dereitas coa extrema dereita” e
a concentrar todo o voto progresista no Partido Socialista. “Queremos
pedirlle a todos os galegos que queren progreso e que non queren que a
extrema dereita siga inspirando as políticas da dereita que vaian votar
este domingo, que o fagan polo voto útil, que é o voto ao PSOE”,
enfatizou no peche dunha xornada que o levou a estar en Ourense, Silleda
e Vilalba antes que en Viveiro.
Fixo fincapé o líder dos
socialistas galegos na importancia de que non se perda ningún voto, nin
para o Congreso nin para o Senado, o vindeiro domingo, ante a
posibilidade dun pacto PP-Vox-Cs. “A única forza política da esquerda
que vai ter senadores galegos é o PSOE”, recordou. “Soamente
hai unha papeleta que vai garantir que os votos cheguen ás cámaras
parlamentarias, a papeleta do Partido Socialista”, recalcou Gonzalo
Caballero, quen prognosticou “un magnífico resultado” se o domingo hai
“unha mobilización alta”.
"Fuga" de Ana Pastor
Ademais, Gonzalo Caballero ironizou co anuncio de Pablo Casado de que nomearía ministra a Ana Pastor en caso de ser presidente. E é que, como recordou, Ana Pastor é a responsable da “hecatombe
electoral” do PP de Pontevedra, que pasou de obter o 50% dos votos en
2011 ao 25% no pasado mes de abril. De feito, atribuíu a súa “fuga” cara
Madrid a que obtivo “a maior debacle da historia do PP en Galicia en
Pontevedra”.
Ademais, proseguiu o máximo dirixente do
PSdeG, “Ana Pastor enganou a Galicia cos investimentos no AVE durante os
tres anos nos que foi ministra do Fomento con Mariano Rajoy”, posto que
“deixou de investir e de orzamentar. “Tivo que ser o goberno socialista
de Pedro Sánchez o que elevara os niveis de inversións para permitir
chegar o AVE a Galicia no prazo máis veloz posible”, concluíu.
Dito
isto, Gonzalo Caballero confrontou ese plantexamento co anuncio de
Pedro Sánchez de facer vicepresidenta a Nadia Calviño. “A ministra de
Economía é unha muller competente, comprometida e cunha longa
traxectoria profesional de éxito”, sinalou en contraposición coa
ex-ministra de Aznar e Rajoy.
Adicionalmente, o secretario xeral do PSdeG abordou a situación da
industria para destacar que o goberno socialista foi o que solucionou o
anunciado peche de Alcoa na Coruña e que “é o mellor aliado de Alcoa San
Cibrao” mentres “Feijóo non fixo máis que estorbar, entorpecer e amosar
a súa incapacidade como presidente”. “Cumple coa industria de Lugo
igual que co AVE a Lugo”, sentenciou.
"Retos pendentes"
Pola
súa banda, Ander Gil sinalou o 10-N como “la oportunidad para poner
freno a la ultraderecha que, de la mano del PP y Ciudadanos, ha entrado
en las instituciones de este país” e “está poniendo en cuestión
consensos fundamentales como el Estado de las Autonomías”. “Responsabilizo
al Partido Popular de haber metido al lobo en el gallinero, de haber
puesto en serio riesgo el autogobierno, el Estatuto de Autonomía y el
sistema autonómico en comunidades tan asentadas como Galicia”,
sentenciou.
A maiores, o líder do PSdeG aludiu ás
eleccións xerais como “la oportunidad para seguir caminando por la senda
de las políticas sociales” tras 10 meses nos que o goberno socialista
subiu as pensións, incrementou o salario mínimo... “En 10
meses con 84 diputados hemos sido capaces de apuntar un rumbo y lo que
queremos a partir del domingones tener un gobierno fuerte y estable para
asentar, impulsar y seguir avanzando en la senda de la reducción de las
desigualdades y el avance social de España”, resaltou Ander Gil.
"O ADN PSOE"
No
acto tamén interveu a secretaria provincial do PSOE en Lugo, Patricia
Otero, quen pediu o voto da Mariña Lucense “para que os traballadores de
Alcoa poidan ter o primeiro estatuto para as empresas
electrointensivas”. “O goberno socialista xa puxo enriba
da mesa 25 millóns de euros para Alcoa San Cibrao, o que supón o maior
importe que deu o goberno de España a ningunha empresa en todo o país
para favorecer a súa competitividade. E que puxo a Xunta de Feijoo,
Balseiro e o PP? Cero euros. Esa é política industrial do PP”,
sentenciou.
Ademais, sinalou que a Mariña “ten que ser protagonista” nestas
eleccións. “Temos que apoiar ao Goberno de Pedro Sánchez para conectar
esta provincia coa alta velocidade, para traballar por unhas pensións
xustas, para loitar contra a desigualdade, pero sobre todo para seguir
avanzando nos dereitos conquistados e na xustiza social que son o ADN do
PSOE”, concluíu.
Viveiro, "no mapa"
A
continuación, a alcaldesa, María Loureiro, pediu o voto para que Pedro
Sánchez “poida seguir apostando e investindo en Viveiro” e puxo exemplos
de distintas melloras levadas a cabo con fondos estatais. “Viveiro
está en marcha co Goberno de Pedro Sánchez, non podemos deixar pasar
esta oportunidade para apoiar a un presidente que apoia os proxectos
desta vila. Só o voto ao PSOE garantiza que Viveiro siga aparecendo no
mapa dos investimentos do Estado”, puxo en valor, fronte ao abandono da
Xunta a esta vila.
“As veciñas e veciños de Viveiro
coñecen ben as mentiras do PP, como puideron comprobar novamente nos
orzamentos da Xunta de Feijoo. Un exemplo claro é a variante de Viveiro,
pola que levamos máis de 11 anos esperando, ou o saneamento de Celeiro,
a mellora do emisario da depuradora de Viveiro ou a EDAR, todos son bos
exemplos do ninguneo do Goberno de Feijoo cos viveirenses”, sostivo a
rexedora.
"Xustiza social"
“O 10N temos
que rematar co bloqueo que impide a Pedro Sánchez seguir impulsando
iniciativas sociais que contribúan a facer crecer o noso país. Queremos
seguir traballando para facer políticas encamiñadas á xustiza social, e
que contribúan a redistribuír a riqueza para que todos e todas teñamos
os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades, e para acabar coa
desigualdades. Iso é o que nos xogamos o 10 de novembro, seguir avanzando ou parar”, relatou o cabeza de lista ao Senado, César Mogo.
O
candidato socialista dixo que “a provincia de Lugo ten retos pendentes
que non poden esperar, e que precisan máis que nunca dun Goberno de
Pedro Sánchez, forte, estable e que mira cara adiante. Pero sobre todo
un goberno que pon enriba de todo ás persoas. O 10N hai que votar ao
PSOE de Pedro Sánchez porque temos que seguir construíndo a provincia
que nos merecemos”, resumiu Mogo.
"Compromiso co sector primario"
Antes,
en Silleda, Gonzalo Caballero e Ander Gil visitaron unha explotación
gandeira xunto co alcalde, Manuel Cuiña, para exemplificar “o compromiso
claro” dos socialistas co sector primario e co desenvolvemento do medio
rural. “A Galicia do interior necesita dun sector
primario potente, ben atendido desde as administracións públicas”,
afirmou o líder socialista, consciente da necesidade de tomar medidas
para mellorar os prezos do leite para os produtores.
Ao
respecto, Ander Gil destacou como “muy buena noticia” o compromiso de
Pedro Sánchez de crear un ministerio para afrontar o reto demográfico. Ademais, engadiu que “el equilibrio y la sostenibilidad depende de
las políticas que hagamos en el mundo rural”, tanto no que atinxe á
loita contra o despoboamento como contra o cambio climático. Departamento de comunicación