O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, realizou hoxe
sendas visitas a Pontevedra e Ourense, onde advertiu de que “Pablo
Casado non dá a talla para gobernar España” e pediu “o voto útil” para
“a esquerda na que se pode confiar”. Acompañado por
Andrés Perelló, secretario de Xustiza do PSOE, o líder dos socialistas
galegos puxo o foco neste penúltimo día de campaña en que “Pablo Casado
non é un líder solvente para afrontar os retos que ten por diante
España”.
Ademais, Gonzalo Caballero criticou a entrega do
PP a Vox, unha forza de extrema dereita que “quere facerlle un jaque
mate ao Estado das autonomías”, co que iso implica para o noso
autogoberno”.
Fronte a isto, como sinalou o máximo
dirixente do PSdeG, Pedro Sánchez “ten o mellor proxecto” para a
cidadanía: “un proxecto progresista, de goberno, de esquerdas, dunha
esquerda na que se pode confiar” e que “amosa un compromiso cos valores
da socialdemocracia e tamén co feminismo, coa transición ecolóxica, cos
dereitos e coas liberdades“.
A maiores, Gonzalo Caballero
reivindicou “o galeguismo construtivo” do PSdeG, que defende “a nosa
lingua e a nosa cultura”, así como as competencias e o financiamento
autonómicos e as políticas públicas “que están máis pegadas ao
territorio”. “Pedimos o voto a todos os progresistas para
que non haxa un retroceso de liberdades e dereitos no noso país, porque
o PP cabalga a lomos da ultradereita“, recalcou o secretario xeral,
consciente de que “o voto ao Partido Socialista é un voto tamén en
defensa da liberdades, da xustiza, da pluralidade política e da
tolerancia”.
De feito, Gonzalo Caballero sinalou que se
percibe “unha activación do electorado progresista”. “Se nos activamos,
estamos en condicións de asegurar que haxa unha maioría social de
progreso en Galicia liderada polo PSdeG”, concluíu.
"Aglutinar el voto de la izquierda"
Pola
súa banda, Andrés Perelló sinalou que “las derechas españolas, a fuerza
de echarle chuletas, al caniche le ha ido creciendo la melena, y ahora
se han dado cuenta que no era un caniche, sino un león que se los está
comiendo”. “Y a ese león solo le puede hacer frente un partido sólido
con capacidad de gobierno que pueda aglutinar el voto de la izquierda”,
recalcou.
“Somos el bloque de la izquierda que puede frenar a la derecha”,
incidiu o dirixente socialista, ao tempo que puxo en valor que “todas
las leyes que llevan en este país y en Europa el sello del progreso y de
los avances sociales y de derechos llevan la firma de un presidente
socialista”.
Aludiu así Perelló á dependencia, á memoria histórica, á lei de
matrimonio igualitario, á do divorcio... “que hacen que la ciudadanía
avance” mentres a dereita pretende plantear “cómo tenemos que vivir,
cómo tenemos que amar o cómo tenemos que tapar nuestras miserias con una
bandera de la que se apropian sin ser de ellos”.
Por
tanto, pediu o voto para un partido que ten “un programa para España y
un programa para Europa”. “Ningún demócrata se cansa de votar”,
finalizou, consciente de que “hay que frenar el retroceso en el que
algunos parecen poner tanto empeño”. Departamento de comunicación