El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero: "Un Goberno de PP, Cs e VOX sería unha bomba nuclear as liberdades políticas e os dereitos sociais"

08-11-2019 20:35:11

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pechou hoxe a campaña cunha apelación a concentrar o voto no Partido Socialista de Pedro Sánchez para impedir “un pacto da dereita rancia coa perigosa ultradereita”.


“Un goberno de PP, Vox e Ciudadanos sería unha bomba nuclear para as liberdades políticas e os dereitos sociais”, advertiu o líder do PSdeG, consciente tamén dos efectos que tería esta coalición sobre o autogoberno galego e a defensa da nosa lingua e a nosa cultura. É así que, dende Vimianzo, acompañado pola ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, o dirixente socialista chamou a rexistrar o domingo “unha mobilización masiva” que free o “retroceso” que suporía ter a Abascal como “vicepresidente dun goberno presidido por Casado”. “Alguén pode imaxinar a Casado como presidente?”, bromeou.



Deste xeito, Gonzalo Caballero advertiu de que Casado “está controlado dende dentro do PP por Aznar e dende fóra por Vox”, “unha ultradereita racista, xenófoba, machista” que trae consigo un “risco de involución” a todos os niveis. Así é que pediu “castigar nas urnas” á dereita “sen escrúpulos” para pactar coa extrema dereita.



“A coalición da dereita coa extrema dereita implicaría un ataque ao estado do benestar, aos dereitos das mulleres e das persoas LGTBI, ao autogoberno galego e á liberdade de opinión e prensa”, recalcou, ao tempo que chamou a atención sobre que “o PP segue sendo o partido que asumiu a corrupción institucionalizada, e Casado o conseguidor de títulos universitarios pola porta de atrás”.





"O voto útil"



Ao fío disto, o secretario xeral do PSdeG pediu “o voto útil a todos os que sinten a esquerda e que non perdoan que o seu voto non servira para apoiar a un presidente socialista”, e tamén a “todos os descontentos do PP e de Ciudadanos que rexeitan os seus acordos coa ultradereita”.



“Necesitamos -dixo- un goberno progresista forte e estable que siga facendo políticas orientadas á mellora das condicións de vida da cidadanía”, aludindo así á suba das pensións, dos soldos dos funcionarios públicos e do salario mínimo, á universalización da sanidade ou ao incremento das bolsas dos estudantes. "Somos a única opción para que España siga avanzando", concluíu o máximo dirixente do PSdeG.





Rexeitamento a VOX




Finalmente, Gonzalo Caballero fixo mención a unhas palabras do número dous de Feijóo chamando a retirar as papeletas de Vox dos buzóns dos veciños. “O PP está acostumado a meter a man na caixa e agora tamén a mete nos buzóns”, criticou, ao tempo que retou ao PP a amosar o seu rexeitamento a Vox rachando os pactos que ten con Vox en toda España. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias