CERCEDA | O
presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar (AEGF), Víctor
Nogueira García, acompañado por outros representantes desta entidade,
visitou hoxe o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda (A
Coruña) para coñecer de primeira man o labor da nova planta de
recuperación de materiais, así como o resto das instalacións que
conforman esta infraestrutura.
Os
visitantes, acompañados en todo momento polo presidente de Sogama,
Javier Domínguez Lino, así como polo director xeral, Isidro García,
recibiron as oportunas explicacións sobre a función desta compañía
pública, que xestiona actualmente os residuos producidos por 295
concellos (2.242.000 habitantes), utilizando para isto as mellores
tecnoloxías dispoñibles.
O
colectivo efectuou un percorrido guiado polas instalacións que procesan
as dúas fraccións de residuos que se atopan baixo a competencia de
Sogama: bolsa amarela (envases de plástico, latas e briks) e bolsa negra
(residuo xenérico).
Os
envases contidos na primeira sepáranse automaticamente nunha planta de
clasificación para ser remitidos aos centros recicladores e, os residuos
correspondentes á segunda tamén son obxecto dunha selección previa a
fin de recuperar os materiais reciclables, sometendo a valorización
enerxética o resto.
A
contribución de Sogama á reciclaxe incrementarase exponencialmente
grazas á entrada en operación da nova planta. Concibida en liña coa
industria 4.0, segrega ata 11 tipos de materiais, servíndose de
tecnoloxías de última xeración.
Esta
mellora, xunto coa remodelación da antiga planta de reciclaxe,
tratamento e elaboración de combustible, fixo posible que a entidade
incremente a súa capacidade de tratamento ata chegar a 1 millón de
toneladas anuais, maximizando a valorización material de residuos e
minimizando o vertido, que baixará ao 10% no ano 2020, o que se coñece
como vertido técnico cero.
Javier
Domínguez manifestou a súa satisfacción por que Asociacións exemplares
como as que integran a empresas familiares mostren interese pola
protección ambiental a través da correcta xestión dos residuos e que
leven a cabo unha tarefa de formación e concienciación para que todos os
sectores, con independencia da súa actividade, contribúan ao verdadeiro
desenvolvemento sostible, apostando polo crecemento económico, pero sen
esquecer a protección ambiental e a cohesión social.
Asociación Galega Da Empresa Familiar
Creada
en xaneiro do ano 2000, é a principal asociación de empresas con
raíces, sede social e vocación de permanencia en Galicia, tendo como
cometido fortalecer e dar continuidade ás empresas de orixe familiar
galego, así como poñer de relevo a función do empresario familiar na
sociedade moderna. A
Asociación está integrada polas 59 principais compañías galegas que
facturan 9.300 millóns de euros e dan emprego directo a 49.000 persoas
Neste
sentido, cabe sinalar que o 92,4% das empresas asentadas en Galicia son
empresas familiares. Aportan o 85% do VAB empresarial de Galicia
(22.300 millóns de euros de empresas familiares) e o 83,3% do emprego
privado en Galicia (370.910 empregados en empresas familiares), segundo o
último informe da Asociación Galega da Empresa Familiar (datos de
2017).