A CORUÑA | Destacados especialistas participarán no
"Seminario sobre Políticas Innovadoras de Dinamización Rural en
Galicia" que terá lugar os días 14 e 15 de novembro na Facultade de
Dereito do Campus de Elviña. A iniciativa busca ser un foro de debate de
políticas públicas innovadoras arredor do avellentamento e o descenso da
poboación.
O "Seminario sobre Políticas Innovadoras de
Dinamización Rural en Galicia" busca ofrecer á comunidade científica e á
sociedade un foro de debate aberto para enfrontar o reto do avellentamento
demográfico e o despoboamento rural abordado desde o ámbito público. O
seminario está organizado pola Cátedra de Dereito Local da Deputación da
Coruña/UDC, o Grupo de Investigación de
Dereito Público Global da Universidade da Coruña e o proxecto de investigación
"Instrumentos xurídicos para a loita contra o despoboamento no ámbito
rural" da Universidade de Santiago de Compostela.
Distintos expertos de recoñecido prestixio
participan no programa que se desenvolverá os días 14 e 15 deste mes de
novembro que se abrirá, despois da sesión de inauguración o xoves ás 16.30
horas, coa conferencia do profesor
Jean-Bernard Auby sobre territorios intelixentes e despoboamento.
"Políticas públicas para o impulso demográfico"
é o título da mesa redonda que terá lugar a continuación coa intervención da
profesora da Universidade de Santiago, Diana Santiago Iglesias, a profesora e
Vicepresidenta do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, María José
Rodríguez Galdo, a Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización
Demográfica, María Amparo González, o Catedrático de Xeografía Humana da USC,
Andrés Precedo Ledo e a profesora da Universidade da Coruña, Marta García
Pérez.
O profesor da
Universidade da Coruña, Carlos Amoedo Souto, o Director Xeral de
Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois,
o profesor da Universidade de Vigo, Roberto Bustillo Bolado, a profesora da
Universidade Autónoma de Madrid, Blanca Rodríguez Chaves-Mimbrero e o
Secretario da Administración Local, Alejandro de Diego Gómez son os
participantes na mesa redonda "Instrumentos Xurídicos e Económicos para un
desenvolvemento rural sustentable" que abrirá ás 10.30 a xornada do venres
15 de novembro que contará tamén, na mañá, coa conferencia do catedrático de
Dereito Administrativo da USC, Luís Míguez Macho, coa conferencia "Novos
instrumentos xurídicos para a ordenación territorial e agropecuaria de
Galicia".
Xa para rematar o programa, a sesión de tarde abrirase
coa mesa redonda "A Sociedade civil e a rexeneración dos espazos
rurais" na que intervirán Francisco Javier Sanz Larruga, da UdC, o experto en desenvolvemento rural e
ensaísta, Jaime Izquierdo, o ex-Director Xeral da Deferación MFR, Claude
Richard, o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade e o
representante da Federación de Escolas Familiares Agrarias de Galicia, Luís
Garcia Fernández. A conferencia de clausura correrá a cargo de Luís Sáez Pérez,
director da Cátedra Deputación Provincial de Zaragoza sobre Despoboamento e
Creatividade da Universidade de Zaragoza. Departamento de comunicación