Ante
o preacordo de goberno entre PSOE e Unidas Podemos, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reitera
que “o BNG é favorable a un goberno de progreso pero o seu voto estará
condicionado a un compromiso cunha axenda galega” como xa defendeu durante a
campaña e a noite dos resultados electorais.
A portavoz do BNG afirmou que a falta dun
acordo no mes de abril respondeu á “irresponsabilidade das dúas forzas políticas”
que quixeron levar ao conxunto dos cidadáns do Estado español a unha nova
convocatoria electoral. Resulta unha pena, dixo, que algo que parecía que non se ía producir
agora se resolva en 24 horas. “Todos
estes meses só serviron para poñerlle unha alfombra vermella á extrema dereita”,
recalcou.
Por
outra parte, Pontón asegurou que aínda é pronto para saber en profundidade cal
será a acción concreta da proposta e reiterou que para o Bloque Nacionalista
galego é necesario un “desbloqueo na situación do Estado pero sobre todo,
dialogar para que se poida producir un goberno de progreso no que o voto do
BNG, estará condicionado a unha axenda galega que non pode seguir agardando
máis tempo”. Departamento de comunicación