El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA

Galicia lanzará en 2020 a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade Autónoma

13-11-2019 19:21:42

Galicia lanzará no vindeiro ano 2020 a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade Autónoma. Estes bonos estarán integramente orientados aos investimentos sociais e medio ambientais, á economía verde e sostible e vinculados á Axenda 2030.

Así o confirmou hoxe o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez na inauguración en Santiago das XXVI Xornadas de Política Financeira organizadas polo banco BBVA onde lembrou que este ano, a Comunidade galega retornou aos mercados financeiros “froito da confianza que Galicia aporta aos investidores” o que permite aproveitar as condicións que ofrece o mercado, con abundante liquidez, elevada demanda e os tipos de interese historicamente baixos. 


Orzamentos 2020 

Durante a súa intervención, o titular de Facenda tamén fixo mención aos orzamentos da Xunta para o ano 2020 nos que segundo sinalou se inclúe o maior gasto social da historia. “Nunca antes se investiu tanto en Galicia na sanidade pública, na educación pública e nos servizos sociais públicos” subliñou. 

Valeriano Martínez sinalou que estas contas buscan favorecer a adquisición de vivendas e o asentamento en zonas pouco poboadas, por iso se reforzan as rebaixas de impostos xa iniciadas nestas zonas en 2016 como a rebaixa do 7% ao 5% do Impostos de Transmisións Patrimoniais para a compra de vivendas habituais nas zonas menos poboadas de Galicia. “Con esta rebaixa, comprar unha vivenda no rural galego terá a menor fiscalidade de España”, apuntou o conselleiro. 

Tamén se rebaixa do 10% ao 4% este imposto para o resto de compras de vivendas en zonas pouco poboadas co obxectivo de dinamizar a actividade mediante a restauración e a recuperación do patrimonio no rural e mellorar os servizos. A isto hai que engadir a eliminación dos impostos no rural para menores de 36 anos, familias numerosas e persoas con discapacidade. 

Ademais, o conselleiro sinalou que os presupostos do vindeiro ano complementan o seu esforzo en gasto social e demografía “co maior esforzo investidor de España”, tendo en conta como prioridade o reequilibrio territorial para favorecer a igualdade de oportunidades.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias