SANTIAGO DE COMPOSTELA | O poeta e catedrático Claudio Rodríguez Fer recorda na
conferencia dos Luns do Ateneo, organizada polo Ateneo de Santiago, a figura de
José Ángel Valente, facendo un percorrido pola súa vida, a súa obra, as súas reflexións
e os seus ideais.
Claudio
Rodríguez Fer descobre ao autor José Ángel Valente despois de estar fascinado
de mozo pola obra de Jorge Luís Borjes. "Ao ler a Valente dinme conta de que
estaba ante un Borjes galego, un autor que conectaba comigo e con Galicia", dixo
durante a conferencia do Ateneo de Santiago.
Este foi o motivo, segundo afirma,
polo que decidiu especializarse en José Ángel Valente.
Unha das características
máis importantes de Valente, moi apreciable na súa obra e na súa actitude e percorrido
vital, foi a súa intransixencia. Esta intransixencia, segundo afirma o conferenciante,
Valente herdouna do seu pai. Isto levouno a fuxir da precariedade intelectual
que sufría España durante o franquismo, continuando a súa vocación universitaria
en Oxford. Departamento de comunicación