El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O Parlamento elixe a Fernández Leiceaga como senador por designación autonómica

19-11-2019 14:23:55

O Pleno do Parlamento elixiu hoxe por 59 votos favorables ao socialista Xoaquín Fernández Leiceaga como un dos tres senadores por designación autonómica que se incorporarán á Cámara Alta na Lexislatura que agora comeza. O tamén portavoz do Grupo Socialista no Parlamento agradeceu o apoio da Cámara autonómica e comprometeu o seu traballo “favorecendo un goberno progresista que impulse a axenda social”.


Fernández Leiceaga considera un “honor” a designación polo Parlamento de Galicia para formar parte da “maioría progresista” que se conformará no Senado logo das últimas eleccións e que “Galicia tamén está reclamando co seu voto” amplamente maioritario para as opcións de esquerda.



O responsable socialista situou ás pensións, á Dependencia ou a loita contra a violencia de xénero e a favor da igualdade da muller, así como “favorecendo asuntos prioritarios para Galicia”, como a construción das fragatas F-110 en Ferrol ou a chegada do AVE a Galicia nos prazos previstos.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias