El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | DESEMPREGO

A Xunta destina preto de 10 millóns para mellorar a formación de 4.300 persoas en situación de desemprego

21-11-2019 15:41:19

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa do Consello, da resolución da convocatoria de axudas dos programas integrados de emprego. Uns programas, dixo, que estarán dirixidos tanto a concellos como a entidades sen ánimo de lucro e permitirán a celebración de 43 iniciativas para mellorar a formación de 4.300 desempregados, cun investimento de preto de 10 millóns de euros.

En concreto, explicou, 22 programas serán tutelados polos concellos, mancomunidades e entidades dependentes, cunha inversión de 5 millóns, mentres que os restantes 21 serán desenvoltos por institucións sen ánimo de lucro, cun investimento de 4,9 millóns. A este respecto, Feijóo puntualizou tamén que 5 dos programas estarán destinados en exclusiva a mulleres desempregadas.


Nesta mesma liña, o presidente da Xunta subliñou que a selección de participantes se levará a cabo durante un prazo máximo de 2 meses a través das oficinas de emprego tendo prioridade: as persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos, maiores de 45 ou inmigrantes entre outros colectivos. Do mesmo xeito, dixo, nesta convocatoria primáronse os proxectos con implicación do tecido empresarial de cada zona, os plans de xestión compartida promovidos por concellos agrupados ou fusionados e tamén os que leven a cabo os Concellos Emprendedores.


O presidente da Xunta destacou ademais como principais novidades desta convocatoria: a inclusión do colectivo de persoas beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia e o requisito de que a formación estea dirixida á obtención, polo menos, dun certificado de profesionalidade. Xa para concluír, lembrou que os programas integrados de emprego teñen un ano de duración e están enfocados a mellorar a ocupación dos empregados establecendo como obxectivo a inserción laboral dun mínimo do 35% dos participantes. “Desde 2009 levamos investidos 55 millóns que beneficiaron a 34.000 persoas”, abundou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias