El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero: "A sanidade pública galega está nunha situación crítica"

22-11-2019 16:00:59

OURENSE | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza cos membros do partido en Ourense para analizar o “desmantelamento” da sanidade pública que impuxo Feijóo e que supón “un retroceso” nun país cunha elevada taxa de envellecemento.


“A sanidade pública galega está nunha situación crítica”, denunciou o líder dos socialistas galegos, quen puxo sobre a mesa que “todos sabemos que a política do PP en materia de xestión sanitaria implica un retroceso que acabamos sufrindo os galegos” en forma de aumento das listas de espera e de falla de profesionais.



Aludiu así Gonzalo Caballero ?á precarización do empleo dos profesionais sanitarios, aos recortes na Atención Primaria e de especialistas e á supresión das áreas sanitarias, que revelan “a falla de aposta de Feijóo pola sanidade pública”. “En vez de avanzar, retrocedemos”, enfatizou.

Por iso, garantiu que a sanidade pública será “unha prioridade fundamental” para o novo goberno galego liderado polo PSdeG. “Será unha referencia central para o goberno progresista”, incidiu, consciente da importancia dos servizos públicos para a cidadanía.





"Ataque" á sanidade en Ourense 




No que atinxe a Ourense, ademais, lamentou que “a gravidade” da situación empeora no caso das bisbarras máis afastadas, que ven reducidos os seus servizos e a atención que reciben. “Exemplifica o desmantelamento no medio rural”, criticou o máximo dirixente do PSdeG, á vista da caída no número de intervencións e ingresos en Valdeorras e da supresión do paritorio de Verín.



Ao fío disto, Gonzalo Caballero recalcou que a sanidade non só ten que ser “pública, gratuíta e de calidade”, senón tamén “próxima”, porque do contrario non servirá debidamente á cidadanía. Con todo, sinalou que a “perda de calidade” da sanidade pública en Galicia non só se aprecia nese “abandono do rural”, posto que na capital de provincia existen problemas co servizo de hemodinámica 24 horas; coa redución das cirurxías infantís, que agora se derivan a hospitais de fóra da provincia; e en servizos concertados como a comida.





"Desmantelamento" da sanidade



Tamén do “desmantelamento” da sanidade pública falou o secretario provincial do PSOE en Ourense, Rafa Villarino, quen deixou claro que “non se pode consentir” o que está ocorrendo na provincia. “Entre Feijóo e Baltar están favorecendo a desaparición da provincia”, alertou o socialista, consciente do que supón o recorte nos servizos públicos para fixar poboación. Por iso, despois de relatar a súa experiencia persoal en urxencias, onde incluso faltaban almofadas, Rafa Villarino anunciou a presentación dunha moción para correxir esta situación.





Recorte do 20% 




Finalmente, tomou a palabra o coordinador comarcal do PSOE en Valdeorras, Tino Alonso, quen criticou que a Xunta de Feijóo está “degradando” a sanidade pública con recortes que priman “criterios economicistas” e non de servizo público.



É o caso, indicou, da anunciada supresión do paritorio de Verín a partir da vindeira semana ou do recorte do 20% en intervencións cirúrxicas e ingresos no hospital do Barco trala supresión da área sanitaria de Valdeorras. “Isto non é un tema político, é un berro desesperado por unha sanidade pública digna”, concluíu Tino Alonso.







www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias