El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero denuncia que Feijóo "cada día é un problema máis grave para os galegos"

25-11-2019 17:21:14

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe que Feijóo “cada día é un problema máis grave para os galegos”, posto que acumula “suspensos” en eidos fundamentais da súa competencia como a igualdade, a xestión da sanidade pública, a industria e a política social.

De feito, neste Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, o líder dos socialistas galegos fixo un chamamento “en defensa das liberdades e dos dereitos das mulleres” e, centrado na situación do noso país, apelou a loitar contra a lacra da violencia machista. 

Neste punto, Gonzalo Caballero afeou á dereita que os seus pactos coa ultradereita están levando aparellados “involucións” nesta materia, polo que requiriu ao PP que “antepoña os dereitos das mulleres por riba dos seus intereses electorais”.


“A Xunta non ten política industrial" 

A industria é outro dos asuntos nos que o máximo dirixente do PSdeG sinalou que Feijóo “non resolve os problemas”, porque mentres “o goberno de España comprometeuse” na busca dunha solución para Alcoa, Barreras ou Endesa, a Xunta “non tomou nin unha soa medida”.

Dentro da súa “campaña de marketing persoal”, rememorou Gonzalo Caballero, Feijóo non dubidou en “parar a emisión da TVG” para anunciar os contratos de Pemex con Barreras, pero agora, coa crise do estaleiro vigués, a mesa de negociación sobre o seu futuro “está en Madrid e non en Compostela”.

“Cando hai problemas, Feijóo agocha a cabeza e pon paus nas rodas”, recriminou o dirixente socialista, consciente de que “non ten política industrial nin compromiso co país”. Fronte a isto, reclamou ao presidente que “deixe de mirarse ao espello” e traballe para “dar resposta aos problemas dos galegos”.


"Recortes e privatizacións" na sanidade pública

Do mesmo xeito, Gonzalo Caballero sinalou que “o suspenso de Feijóo é aínda máis evidente” no que atinxe á sanidade pública e, tras citar a supresión do paritorio de Verín, incidiu en que a súa política de “recortes e privatizacións” afecta máis “á Galicia interior e aos pequenos concellos".

Ao respecto dos problemas sanitarios na provincia de Ourense, o secretario xeral do PSdeG reprobou que Feijóo puxese á fronte ao xerente que provocou que Vigo “saíse en pleno á rúa”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias