A directora xeral de Administración
Local, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Emerxencias e
Interior, Santiago Villanueva; a directora xeral de Patrimonio Natural,
Belén do Campo; e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industria
Agroalimentarias, José Balseiros, mantiveron hoxe unha xuntanza co
obxectivo de dar comezo co Plan de loita contra a vespa velutina en todo
o territorio galego e así darlle traslado á Fegamp coa que se ten
acordado a posta en marcha do Plan e que bote a andar o antes posible.
Xunta
e Fegamp acordaron poñer en marcha de maneira coordinada e conxunta un
plan de loita contra a vespa velutina na nosa comunidade, cunha
previsión de gasto de 2,3 millóns de euros, grazas a fondos propios da
Xunta e ao Fondo de Cooperación Local, o que permitirá sufragar os
gastos deste Plan de loita contra a velutina. O obxectivo deste Plan é
concentrar os recursos e os esforzos, ofrecendo unha resposta
profesional e eficaz, que será homoxénea en todo o territorio afectado
pola velutina.