El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

Carme Adán: "Para rematar co machismo debemos decatarnos de como o reproducimos"

25-11-2019 22:20:53
Carme Adán, no Ateneo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | Como conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, Carme Adán, catedrática de filosofía no IES Politécnico de Vigo, impartiu unha conferencia na que fixo reflexionar sobre o feminicidio na actualidade, os seus orixes e a maneira en que todas e todos temos interiorizada esa violencia nas nosas vidas.

Facendo alusión a historias como Carapuchiña vermella ou a filmes como A bela e a besta ou Cincuenta sobras de Grey, Carme Adán reflexiona sobre como o machismo e a violencia masculina non recae na vontade do home, volvendo a súa violencia nun instinto natural. A muller volve a ser entón, segundo afirma a catedrática, a única responsable dos seus feitos e a única responsable da violencia. "A única que debe preocuparse de non volver soa á casa", reflexiona Carme Adán. Adán reflexiona asemade sobre o papel da pornografía á hora de fomentar o machismo dende a infancia. Dende os dez anos os nenos teñen acceso a esta industria que fomenta a violencia e a sumisión da muller.

Carme Adán lembra entón que o primeiro paso para rematar coa violencia do patriarcado é decatarnos nós mesmos de como reproducimos día a día esa violencia.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias