El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Economí­a

GALICIA | SECTOR PESQUEIRO

Galicia, na Feira Expomar Cabo Verde

27-11-2019 11:36:13
Galicia participa na Feira Expomar Cabo Verde.

A Consellería do Mar participa na oitava edición da feira náutica e pesqueira Expomar Cabo Verde, que se celebra desde o luns e ata hoxe en Mindelo, na illa de San Vicente, cun posto propio de 36 metros cadrados que acolle a catro empresas galegas e á Fundación Expomar de Burela. A súa presenza ten como obxectivo afianzar os lazos comerciais no eido marítimo-pesqueiro entre Galicia e o país africano así como co resto de empresas asistentes a este evento internacional. 

A presenza da Xunta neste tipo de certames é unha mostra da aposta do Executivo galego por mellorar a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros co fin de chegar a novos mercados e de fomentar a internacionalización. Con esa finalidade, a Consellería do Mar pon a disposición dos participantes un espazo para manter reunións de negocios no marco da feira e facilitar así a ampliación dos contactos das empresas coexpositoras.

O expositor co que participa a Consellería do Mar en Expomar Cabo Verde ten 36 metros cadrados de superficie con espazo para as empresas e entidades galegas que van da man da Xunta a este certame. Estas firmas son as empresas Noroesmar, Atlas Forwarding, Álvarez Riveira e Crisa Alimentación e a Fundación Expomar de Burela, que contan no posto con diverso material propio de promoción a disposición dos asistentes. 

A maiores do apoio da Consellería do Mar coa posta a disposición do stand, as entidades galegas que acoden á feira contan con axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do Igape, no marco do Plan de Fomento das exportacións galegas (Foexga), en colaboración  coa Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña. Estas achegas, cofinanciadas con fondos europeos, buscan afianzar a posición das pemes galegas nos mercados exteriores.  


Expomar Cabo Verde 

A feira Expomar está organizada polo Ministerio de Economía Marítima do país africano no marco da segunda edición da Semana dos Océanos de Cabo Verde e reúne a axentes de diferentes actividades da economía do mar. Conta con expositores nacionais e internacionais pertencentes a sectores como o transporte marítimo, reparación naval, deportes náuticos, embarcacións de recreo, investigación científica e formación, pesca industrial e deportiva, portos e loxística, turismo de cruceiros, transportes marítimos e seguridade marítima e portuaria, entre outros.

O encontro -que o ano pasado contou coa participación de 60 expositores, preto de 80 postos e máis de 4.500 visitantes de países como España, Portugal, Francia, Luxemburgo ou Noruega- inclúe tamén conferencias internacionais, seminarios e obradoiros e encontros de negocios relacionados coa explotación sustentable dos recursos e coa Economía Azul.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias