El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | EDUCACIÓN

Galicia terá en 2020 as maiores oposicións de educación "da historia"

28-11-2019 20:15:22

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello da Xunta, que Galicia convocará en 2020 a maior Oferta Pública de Emprego en educación da súa historia, un 17% máis que a OPE de 2007, a máis alta ata o de agora.

Trátase dunha oferta de 3.654 prazas – 2.036 de novo ingreso e 1.618 de promoción interna- en 88 especialidades, 30 das cales levan unha década sen convocarse. O obxectivo é alcanzar en 2020 unha interinidade do 5%. O presidente da Xunta explicou que o motivo de adiantar este trámite é “aproveitar para os obxectivos de estabilización a conxuntura actual de certeza na taxa de reposición que nos autorizou a Lei de presupostos do ano 2017” e evitar que a incerteza política e económica a nivel estatal puidese obstaculizar unha convocatoria no 2020 pola falta de presupostos estatais.

En comparación coa OPE de 2007, destaca a aposta polas prazas de catedrático para permitir que os profesores acaden o cumio da carreira profesional docente. Feijóo lembrou que o acceso a estas prazas é “unha reivindicación dos profesores hai anos”.Ademais, increméntanse os profesores técnicos da FP cun total de 363 prazas de novo ingreso, o que supón “multiplicar por 4 a OPE máis ambiciosa que nunca houbo na formación profesional”, aseverou o presidente da Xunta.

Máis polo miúdo, Feijóo detallou que se convocarán 747 prazas de ingreso libre para mestres; 1.041 prazas para profesores de ensino secundario (781 de ingreso e 260 de promoción interna); 363 prazas de novo ingreso para profesores técnicos de FP; 68 prazas para profesores de Escolas Oficiais de Idiomas (30 de ingreso e 38 de promoción interna); 85 prazas de ingreso para profesores de música e artes escénicas, e 40 prazas para profesores de artes plásticas e deseño (30 de ingreso e 10 de promoción interna). 

No que respecta ás prazas de catedráticos, convocaranse 1.300 prazas de promoción interna. Deste xeito, ofertaranse 1.232 prazas para catedráticos de ensino secundario; 50 prazas para catedráticos de Escola Oficial de Idiomas e 18 prazas de catedráticos de Artes Plásticas e Deseño. 

Tamén se convocarán 10 prazas de promoción interna para inspectores de educación.O presidente da Xunta concluíu cualificando esta convocatoria de “histórica, se mire como se mire, por especialidades, por FP, por catedráticos de ESO, por número de profesores de acceso libre e por número de prazas de promoción interna”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias