El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
Sociedad

SANTIAGO | ATENEO

O periplo de Ezequiel e Xeremías, no próximo Luns do Ateneo

30-11-2019 10:50:48

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns, ás 20.00 horas, Francisco Prado-Vilar, director do proxecto A. W. Melon para o Pórtico da Gloria cítase na rúa do Vilar, 19 para impartir unha conferencia titulada 'Ezequiel e Xeremías: Novos documentos para a recuperación dos profetas do Mestre Mateo', organizada pola sección Compostela, dentro do ciclo de conferencias dos Luns do Ateneo.

No relatorio do luns, o investigador exporá evidencias documentais e fotográficas inéditas sobre o periplo das esculturas do Mestre Mateo, co fin de probar que son propiedade municipal. Prado-Vilar tamén falará de novos aspectos en canto á apreciación histórico-artística no seu lugar orixinal na fachada do Obradoiro.

No ano 1948, as esculturas de Ezequiel e Xeremías, antes pertencentes ao Conde de Ximonde, foron vendidas ao Concello de Santiago. Durante as celebracións do Ano Santo de 1954, as estatuas dos dous profetas do Mestre Mateo foron cedidas a Franco para decorar o xardín do Pazo de Meirás, sen mediar documento de cesión ou venda legal. A pesar diso, os profetas pasaron a formar parte do patrimonio da familia Franco. Recentemente, o Concello de Santiago interpuxo unha demanda para recuperar as estatuas. 

Francisco Prado-Vilar é director de proxectos no Real Colexio Complutense de Harvard e, en concreto, do programa de investigación Andrew W. Melon para o Pórtico da Gloria. Obtivo a licenciatura en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e o doutoramento na Universidade de Harvard e dende entón centrou a súa carreira como investigador na arte e cultura medievais de Europa. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias