Esquerda
Unida vén de coñecer a apertura dun centro de Servizo de Apoio Familiar Integral
e Multidisciplinar (SAFIM), un intento por parte da Xunta de Galicia de “colar
pola parte de atrás a figura de coordinación parental que, en moitos casos, atenta
contra o dereito das de dos menores poñendo en risco o seu benestar”, explica a
responsable da Área de Muller de Esquerda Unida, Raquel Bernárdez.
Durante esta lexislatura, o Parlamento de Galicia tivo
que retirar do debate o intento de introducir a figura de coordinación parental
dado o rexeitamento total por parte de asociacións de protección de menores, de
atención a vítimas de violencia sexual, de colectivos feministas, etc.
Dende Esquerda Unida consideramos que a figura de
cordinacion parental non é a solución ante unha situación de divorcio
conflitivo, máxime cando existen situacións de violencia de xénero dentro da
parella non denunciadas (segundo
macroenquisa do CIS de 2015, o 65% da violencia machista non se denuncia) o
que impide abordar a situación en igualdade de condicións.
Por todo isto, esiximos á Xunta de Galicia que retire a
implantación deste servizo e dote de máis medios á xustiza e aos programas de
loita contra violencia de xénero. Esiximos tamén que se incida na protección de
menores no relativo á situación de violencia vicaria á que poden estar
sometidos. Departamento de comunicación