El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

Julio Abalde, elixido Reitor da Universidade da Coruña

04-12-2019 20:32:19

A CORUÑA | A Universidade da Coruña decidiu hoxe que Julio Abalde fose o seu Reitor para os próximos catro anos. Abalde obtivo 3.197 votos ponderados fronte a Fernando Martínez Abella que tivo 1.429.

O Reitor electo, Julio Abalde, compareceu ante os medios de comunicación na Sala de Prensa da Reitoría logo de que o secretario Xeral, Carlos Aymerich, informase ás 19:20 horas do resultado do escrutinio. No seu discurso, Abalde felicitou “a toda a Universidade da Coruña, a todos os seus sectores, que cunha alta participación deron un exemplo de comportamento e demostraron que cando se conta con eles e se presenta un proxecto atractivo e ilusionante se implican e participan”. 

“Esta é unha victoria colectiva, a victoria dun modelo de Universidade, dun xeito de entender o goberno, un goberno aberto, transparente e participativo, que propicia o debate e a crítica”, continuou o reitor electo destacando a dúas persoas que xa non estarán no seu equipo de goberno, a vicerreitora de Estudantado, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e a vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, así como deu á benvida ao novo equipo ao que cualificou de “equipazo”. Abalde tivo tamén unhas palabras para o candidato da oposición, presente na sala que o felicitou antes da comparecencia do reitor ante os medios. “Quero ter tamén unhas palabras de afecto e recoñecemento hacia Fernando Martínez Abella polo ton construtivo que lle deu tamén á súa campaña. Somos universitarios, todos buscamos o mellor para a institución e o invito a seguir aportando ideas, propostas e a colaborar para conseguir o mellor para a UDC. Como en casos anteriores, demos un exemplo á cidadanía de discrepancia desde o respecto e a cordialidade”, agradeceu. 

Como reitor, avanzou Abalde, “as miñas prioridades seguirán sendo a defensa do ensino público de calidade e galego. Temos que traballar para mellorar as condicións de traballo do noso plantel, temos que seguir mellorando as súas condicións laborais e o desenvolvemento da carreira profesional dos traballadores da UDC, profesorado e persoal de administración e servizos; temos que seguir prestando atención ao noso estudantado, dun xeito preferente a aqueles que teñen problemas económicos para acceder e permanecer na universidade; e dinamizar a participación de todos os colectivos da UDC, especialmente do estudantado. E, por suposto, continuar a mellorar a docencia, os programas de investigación, a transferencia e a internacionalización. Pero temos que ser unha universidade innovadora e responsable, como xa o somos. A transparencia, o bo goberno, a responsabilidade, a loita pola igualdade, a sustentabilidade, a loita contra o cambio climático etc. teñen que ser o cerne da nosa acción de goberno”. 


O resultado da votación foi para Julio Abalde 

.- Profesorado Doutor con vinculación permanente: Votos ponderados: 1.569.

.- Estudantado Votos ponderados: 905.

.- Restantes categorías de Persoal Docente Investigador. Votos ponderado: 438.

.- Persoal de Administración e Servizos. Votos ponderado: 285.


O resultado da votación foi para Fernando Martínez Abella 

.- Profesorado Doutor con vinculación permanente: Votos ponderados: 790.

.- Estudantado Votos ponderados: 391.

.- Restantes categorías de Persoal Docente Investigador. Votos ponderados: 117.

.- Persoal de Administración e Servizos. Votos ponderados: 131.


A participación foi a seguinte 

.- Profesorado Doutor con vinculación permanente, 87%. 

.- Estudantado, 18%. 

.- Restantes categorías de Persoal Docente Investigador, 70%. 

.- Persoal de Administración e Servizos, 79%  

As votacións, que se realizaron a través de voto electrónico, comezaron esta mañá ás 10:00 horas e finalizaron ás 19:00 horas. Non houbo ningunha incidencia. 


O voto é ponderado coas seguintes porcentaxes  

.- 51% para o sector de Profesorado Doutor con vinculación permanente. 

.- 28% para o Estudantado. 

.- 12% restantes categorías de Persoal Docente Investigador. 

.- 9% correspondente ao Persoal de Administración e Servizos.

Estaban chamadas a votar un total de 18.245 persoas, das que 836 son do sector de Profesorado Doutor con vinculación permanente; 15.886 son do Estudantado; 722, de restantes categorías de Persoal Docente Investigador; e 801 do Persoal de Administración e Servizos. A participación nas eleccións a Reitor tanto no sector de profesorado como de persoal administrativo é moi elevada, non así no caso do estudantado en que a media da participación nas universidades españolas é sobre o 10%.

No caso das eleccións a Reitor na UDC en 2015 a participación alcanzou o 94% no sector de PDI doutor con vinculación permanente; o 76% nas restantes categorías de PDI; o 27% entre o Estudantado e o 88% no caso do Persoal de Administración e Servizos. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias