MADRID | Hoxe, o deputado nacionalista, Néstor Rego, presentou no Rexistro
Xeral do Congreso dos Deputados varias preguntas escritas dirixidas
ao Goberno para saber cal é o estado real do buque varado na costa
de Ares. Descoñécese
que medidas se adoptaron desde Salvamento Marítimo, se é que se
adoptou algunha, desde que o buque queda á deriva até que
finalmente embarranca na costa.
O
goberno español “privatizou” nada menos que a xestión da
operación de rescate, permitindo que a casa armadora contratase
unha empresa privada (a holandesa Smit Salvage, de infausto recordo
durante a catástrofe do “Prestige”) para facerse cargo da
responsabilidade absoluta do proceso de rescate.
Tras
varios intentos frustrados de retirada do seu lugar de varada, esta
opción foi finalmente rexeitada ao romper as estachas de remolque.
Por certo, sen ningunha medida de precaución -barreiras
anticontaminación rodeando o buque, skimmers ou sistemas de bombeo
desde o mar, etc- no caso de vertido mentres se realizaban os
intentos fallidos de remolque.
A
xestión realizada en relación co Blue Star é un exemplo máis
nesta constante histórica. O perímetro de
seguridade establecido arredor do buque varado impide a actividade da flota
que habitualmente faena nesas augas. O que está ocasionando graves
prexuízos económicos, especialmente significativos nunhas datas de
alta actividade pesqueira e marisqueira. Ademais en ningún momento
se mantiveron reunións ou outras vías de información coas
confradías, entidades ou agrupacións do sector pesqueiro e
marisqueiro.
Ante
as recorrentes catastrofes que sofre a costa galega, o deputado do
BNG anuncia que nas vindeiras semanas será presentada unha
Proposición de Lei para a transferencia á Galiza de Salvamento Marítimo e
loita contra a contaminación mariña. Departamento de comunicación