El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Internacional

BRUXELAS

Europa premia a Galicia polo seu traballo a prol da inclusión social

06-12-2019 17:49:50
A conselleira de Política Social, Fabiola García.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, recolleu hoxe en Bruxelas o Premio Europeo de Servizos Sociais (European Social Services Awards) polo programa Nelson Mandela, que facilita a reinserción sociolaboral da poboación reclusa. Esta iniciativa leva dez anos funcionando no cárcere de Teixeiro, na Coruña, durante os que axudou a máis de 1100 persoas a reconstruír as súas vidas despois de saír de prisión. Nos vindeiros meses estenderase tamén ao centro penitenciario da Lama. 

A Rede Social Europea (European Social Network) galardoou o éxito do Nelson Mandela como práctica colaborativa, xa que conta coa colaboración de Instituciones Penitenciarias, que facilita o módulo onde se desenvolve o programa, e das administracións locais, que fan o seguimento social dos exreclusos unha vez saen do centro penitenciario. A candidatura de Galicia impúxose a outras catro de toda Europa: o concello de Hafnarfjörour, en Islandia; o consello de servizos sociais de Irlanda do Norte; a entidade escocesa Action for Children e Social Care Wales, do País de Gales.

A conselleira agradeceu ao equipo da Rede Social Europea o seu recoñecemento a un programa que, desde o ámbito rexional, impulsa melloras na inclusión sociolaboral dos internos en centros penitenciarios. Coincidindo coa celebración do Día da Constitución, Fabiola García lembrou que é a propia Carta Magna a que recolle a obriga das administracións de ofrecer aos cidadáns todo o apoio social que precisan, especialmente a aqueles máis vulnerables. Neste sentido, apuntou que “os servizos sociais non poden ofrecer solucións do século XX a problemas do século XXI”. 

No ano 2010 o proxecto Nelson Mandela xa fora recoñecido, esta vez por parte do Ministerio do Interior, coa Medalla de Prata ao Mérito Social Penitenciario. Un ano despois recibiu a visita do daquela comisario de Asuntos Sociais da Unión Europea, Lázslo Andor. Ao longo destes dez anos, este programa pioneiro converteuse nun referente europeo, tal e como se evidencia con este galardón.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias