O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe
da aprobación do complemento extraordinario de 206 euros para os
perceptores das pensións máis baixas. Un complemento do que se
beneficiarán 38.500 galegas e galegos perceptores de pensións non
contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía
de Ingresos Mínimos. Sobre este punto, Feijóo destacou a
importancia desta axuda que beneficia a un colectivo que o necesita
especialmente e lembrou que non todas as Comunidades Autónomas a
manteñen ao non ser obrigatoria a súa existencia.
Ademais,
explicou que estes 206 euros serán ingresados de oficio e abonados nun único
pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro. Así se reflicte nos
orzamentos de 2020 que contemplan unha partida destinada a esta
finalidade.
En definitiva, a Xunta volve demostrar o seu
compromiso coas persoas que máis o necesitan, na mesma liña, engadiu,
que o novo decreto da Risga, que se aprobou a principios deste ano e
supuxo: un incremento de contías, a flexibilización dos requisitos de
vivenda e o reforzo do potencial desta renda social como ponte cara ao
mercado laboral.