SANTIAGO DE COMPOSTELA | “Mollámonos polo ensino público galego”, así
finalizou a súa intervención o
secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, ao remate da
manifestación
celebrada hose en Compostela na que participou
profesorado do ensino
público non universitario procedente de todo o país. A choiva
non foi un
impedimento para que o persoal docente da Consellaría de
Educación berrara hoxe
ben alto que abonda de recortes e que quere recuperar os
dereitos que lle foron
roubados coa escusa da crise, comezando polo horario lectivo
de 18 períodos
máximos semanais en secundaria, fp e ensinanzas de réximes
especial e 21 en
infantil, primaria e educación especial.
O incremento a 25
horas neste último
caso aprobado polo goberno da Xunta en 2011 e a 20 horas en
secundaria,
decretado por Rajoy en 2012, significou a perda duns 1.200
postos de traballo,
fundamentalmente neste último corpo, e implicou un aumento do
número de
alumnado por aula, do número de profesorado que ten que
impartir materias das
que non é especialista, chegando nestes momentos ás dúas
terceiras partes de todo
o colectivo, e as itinerancias entre centros. Neste último
caso hai que lembrar
que o profesorado especialista na atención á diversidade (das
especialidades de
Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica) é o que máis ten
que compartir
centros.
No
manifesto que se leu ao final da mobilización fronte ás
dependencias de
San Caetano Suso Bermello lembrou que “o profesorado galego
está canso de
cargar con todos os recortes e que non renuncia a recuperar
ningún dos dereitos
roubados, que non son privilexios como quere trasladar a
administración, senón
que foron conquistados a base de presión social como a que
estamos dispostos a
seguir facendo até negociar un calendario de restitución dos
mesmos”. A volta
ás 18 e ás 21 horas servirá para que a titoría en infantil e
primaria poida
atender mellor o alumnado, para volver facer desdobres,
mellorar a atención ao
alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, cada
vez máis numeroso
nas aulas, coordinarse entre os distintos departamentos co
departamento de
Orientación, realizar máis actividades extraescolares e
participar en proxectos
de renovación pedagóxica.
“Trátase polo tanto de traballar en
mellores
condicións e non de traballar menos”, incidiu Bermello nas
súas declaracións aos
medios. O principal beneficiado desta recuperación será o
alumnado e a calidade
do ensino público galego, “o auténtico garante da equidade
social”, xa que o
profesorado seguirá tendo as mesmas horas de xornada laboral
semanal
simplemente que distribuídas doutro xeito. No caso de
secundaria sempre se
impartiron 18 horas semanais até o recorte de 2012 e no caso
de primaria as 21
foron froito dun acordo entre o goberno galego e os sindicatos
no ano 2007 co
obxectivo de reducir as diferenzas de condicións laborais
entre os dous corpos.
Segundo datos recabados polos sindicatos con
chamadas directas aos centros
educativos desde primeira hora da mañá, o profesorado secundou
maioritariamente
esta folga cun seguimento que rolda o 60% e nalgúns casos con
todo o claustro
ausente.