El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

POLÍTICA | EU

Esquerda Unida celebrará en marzo unha conferencia política

14-12-2019 13:30:20

A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de dirección entre asembleas reunida hoxe, vén de aprobar a celebración dunha conferencia política e programática para o vindeiro mes de marzo en Compostela. A súa vez a dirección nacional ratificou tamén as candidaturas provinciais e a candidatura á presidencia da Xunta que será encabezada pola coordinadora e deputada Eva Solla Fernández.  

Neste contexto no que o goberno de Feijóo está “valeirando” o país de servizos públicos, de tecido industrial, produtivo e de emprego de calidade, Esquerda Unida ten asumida e teorizada a necesidade de recuperar e conformar, dende a diversidade e a diferencia, a unidade dunha alternativa seria de esquerda para Galicia. Neste marco, Esquerda Unida celebrará a Conferencia Política na que se analizará a situación real do noso país en base ao que traballaremos a proposta política e programática que dotará á organización dun proxecto sólido de cara á conformación dunha alternativa política de esquerdas capaz de gobernar o país.  

“Plantexamos esta conferencia, en 2 partes, a reactualización da política de alianzas, de como entendemos a unidade popular que no 2012 foi un ensaio e que temos a evidencia de que é un camiño importante, ilusionante pero tamén con moitos problemas que temos que abordar de maneira colectiva. Tamén queremos poñer o mellor de Esquerda Unida na porposta programática do que terá que ser un programa de cambio de cara ás eleccións autonómicas” explica Rubén Pérez, secretario de organización de Esquerda Unida. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias