El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

CASO PAZO DE MEIRÁS

A Deputación da Coruña solicitará personarse na causa para a recuperación do Pazo de Meirás

18-12-2019 15:46:54

A Deputación da Coruña solicitará sumarse na causa para a recuperación do Pazo de Meirás que se segue no Xulgado da Coruña para que o inmóbel en mans da familia Franco pase a ser patrimonio público. Así o decidiu o goberno da Deputación e así llo trasladou hoxe o, Xosé Regueira, aos membros da Xunta de Portavoces, a quen tamén notificou a vontade de eliminar todos os símbolos e recoñecementos franquistas que perduran na institución.  

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, foi o encargado de transmitir a decisión do goberno de solicitar personarse de maneira urxente na causa que se segue no Xulgado de 1ª instancia n 1 da Coruña para recuperar o Pazo de Meirás para patrimonio público.  

"Foi unha decisión que xa se acordara na Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás, creada por impulso desta Deputación, que nós queremos cumprir e facer parte como parte implicada que tamén o foi no expolio que fixo que a finca e a edificación fosen dar en mans de Franco e os seus herdeiros", sinalou Xosé Regueira que comunicou a decisión aos portavoces dos grupos con representación no pleno.  

Na xuntanza estudouse tamén o documento presentado polo Colectivo de presas e presos políticos da ditadura que recolle unha relación de 32 elementos de simboloxía franquista e recoñecementos que aínda non se eliminaron en distintos centros da institución. Neste sentido, a Xunta de Portavoces acordou solicitar un informe ao servizo de asesoría xurídica da Deputación para garantir o cumprimento escrupuloso da Lei de Memoria Histórica.  

O vicepresidente Xosé Regueira lembrou que "a Deputación da Coruña desenvolveu tamén no último mandato importantes accións neste camiño como a eliminación das honras a Francisco Franco, a investigación, o recoñecemento e a homenaxe aos membros da corporación democrática represaliados ou mesmo na elaboración dos informes xurídico e histórico para avalar documentalmente todo o proceso para a recuperación do Pazo de Meirás que agora inicia unha nova e agardamos que definitiva fase". Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias