SANTIAGO DE COMPOSTELA | Este
xoves tivo lugar en Santiago unha nova xuntanza de Ateneos de Galicia, onde
quedou constituída a asociación “Federación de Ateneos de Galicia”, na que se
viña traballando dende marzo do pasado ano, cando se formalizou un convenio de
colaboración entre as entidades promotoras desta nova institución.
No
acto de constitución, que se oficializou mediante a sinatura da acta
fundacional así como dos Estatutos da nova entidade, participaron
representantes dos Ateneos de Santiago, Ferrolán, Santa Cecilia de Marín,
Moaña, Atlántico de Vigo, Ourense e Pontevedra.Na
nomeada acta fundacional foi recollida a designación, como órgano de goberno
provisional da Federación, unha Xunta Directiva conformada por Francisco Javier
Montero Dongil como Presidente, Xulio Pardellas de Blas como Vicepresidente,
Francisco Candela Castrillo como Secretario, Antón Porteiro Lago como Tesoureiro
e Anxo Cabada Álvarez, Pablo Santiago Fernández Prieto, Xaime Domínguez Toxo e
Xosé Collazo Castro como Vogais. Do mesmo xeito, neste documento tamén se
inclúe o mandato desta nova directiva ao Secretario para “formalizar o proceso
de constitución diante das distintas administracións e institucións públicas”.
Pola súa banda, nos
Estatutos que rexerán a Federación de Ateneos de Galicia, aprobados polos
presentes, establécese o domicilio social no local do Ateneo de Santiago, ata
que se conte con sede propia, así como o fin de funcionar “como un espazo de
encontro, diálogo, cooperación e axuda entre os Ateneos que formen parte da
mesma” e “de impulso de realización de actividades conxuntas preferentemente no
ámbito xeográfico de Galicia". Departamento de comunicación