El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a acabar o ano "rachando calquera vía de acordo coa ultradereita"

23-12-2019 18:42:07
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe a Feijóo que acabe o ano “rachando calquera vía de acordo coa ultradereita” e co compromiso de “deixar a súa estratexia cainita” contra o goberno, porque “é fundamental para Galicia e para España”. “España e Galicia necesitan un goberno en plenitude de funcións xa”, recalcou o tamén secretario xeral dos socialistas galegos, quen recordou que só o PSOE está “en condicións de formar goberno” tras gañar as eleccións tanto no pasado mes de abril como o pasado 10 de novembro.


Neste escenario, Gonzalo Caballero lamentou o “debate nesgado” que está tentando formular o PP ao “laiarse” das negociacións do PSOE con ERC “sen aportar a responsabilidade” de favorecer a investidura de Pedro Sánchez coa súa abstención. De feito, despois de lamentar que “a coalición dereitas coa ultradereita segue sendo un problema para o país”, o líder do PSdeG criticou o seu “discurso falaz” sobre que os acordos para a investidura de Pedro Sánchez poñen en risco o modelo constitucional.



“Nós somos a mellor garantía da defensa da Constitución”, resaltou. Ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou que o PSOE chegou a subscribir a aplicación do artigo 155 da Carta Magna durante a etapa de goberno de Mariano Rajoy, o que dá a mostra do compromiso socialista coa Constitución e co estado de dereito. Fronte a esta posición, lamentou que “o PP perdeu o sentido de Estado”.





"Preocúpanos a ultradereita"



Así as cousas, e tras reprobar que o PP prefira seguir instalado no “bloqueo” ao goberno para forzar unhas terceiras eleccións, o máximo dirixente do PSdeG volveu cuestionar os seus “acordos coa ultradereita”. No caso concreto de Galicia, ademais, subliñou que Vox obtivo 100.000 votos nos últimos comicios, o cal implica a necesidade de frear á ultradereita.



“Nós combateremos á ultradereita con toda a nosa forza, porque pon en risco o noso modelo de convivencia, quere facernos retroceder en avances sociais e liberdades políticas e quere atacar o noso Estatuto de Autonomía”, evidenciou Gonzalo Caballero. Por iso, instou a Feijóo a amosar esa “centralidade política” da que fala aplicando a receita que tanto el como Pablo Casado requirían ao PSOE para sacar adiante a investidura de Mariano Rajoy. “Está na súa man”, sinalou o secretario xeral do PSdeG, consciente de que Galicia require un goberno central que atenda ás súas necesidades.



“Necesitamos un goberno que continúe pola senda da política social, con subas das pensións e do salario mínimo; que afronte os riscos do Brexit e que aprobe o estatuto para as empresas de consumo electrointensivo”, enumerou Gonzalo Caballero.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias