O
Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través do servizo de información
ARDÁN, distinguiu a Sogama como empresa innovadora e xeradora de riqueza
2019 pola súa contribución á innovación tecnolóxica e ao emprego,
destacando no desempeño de distintos factores vinculados á
competitividade empresarial. A
medición dos indicadores que a levaron a este recoñecemento realizouse a
través de metodoloxías deseñadas e actualizadas en colaboración con
grupos de investigación da Universidade de Vigo.
A
Sociedade Galega do Medio Ambiente posiciónase entre o selecto 6% de
empresas galegas que cumpre os criterios para obter estes distintivos,
situándose, tal e como sinala o Consorcio da Zona Franca de Vigo, como “referente
de gran valor na economía galega pola súa capacidade e dinamismo na
atracción de talento e investimento, así como na creación de riqueza e
emprego”. Xa
no ano 2017, esta empresa pública, participada no 51% pola Xunta de
Galicia e no 49% por Naturgy, recibiu o certificado Ardán de Empresa de
Alta Produtividade, indicador que acredita a aquelas compañías que
presentan un valor engadido por empregado por riba do percentil 75 do
sector no que operan durante tres anos consecutivos do período de
análise e cunha taxa de crecemento superior ao 10% en cada ano.
Aposta pola industria 4.0: máis reciclaxe e menos vertido
Neste
sentido, cabe destacar o gran proxecto de ampliación do Complexo
Medioambiental de Cerceda (A Coruña) a través da construción e posta en
marcha dunha nova planta para a recuperación dos materiais contidos no
lixo en masa e cuxa actividade, enmarcada na emerxente industria 4.0,
constitúe todo un referente no ámbito da innovación, a información e as
comunicacións. Utilizando
diferentes dispositivos de última xeración tales como 35 lectores
ópticos, electroimáns e correntes de Foucault, entre outros, a compañía
logra separar ata 11 tipos de materiais reciclables procedentes da
recollida do contedor verde (plásticos, papel, cartón, vidro, etc.),
propiciando a súa transformación en novos recursos.
Así
mesmo, e trala entrada en operación desta instalación, en novembro de
2018, a empresa acometeu a remodelación da antiga planta de reciclaxe,
tratamento e elaboración de combustible para modernizar e optimizar os
seus procesos.
Esta
importante mellora fai posible que Sogama poida tratar no Complexo
cercedense ata 1 millón de toneladas de residuos anuais, un 81% máis que
fai un ano, circunstancia que lle permitirá reforzar a súa contribución
a reciclaxe e minimizar o uso do vertedoiro de Areosa, prevendo
alcanzar o vertido técnico cero en 2020. Isto quere dicir que só verterá
aquela fracción de refugallos que non se poida reciclar nin valorizar
enerxeticamente, seguindo fielmente as directrices do modelo de
desenvolvemento definido pola economía circular e dando cumprimento, con
15 anos de antelación, aos obxectivos europeos en materia de vertido. Non en van, a planta de Sogama converterase en breve na máis moderna, innovadora e eficiente de Europa. UN
Milleiro de empregos
Así
mesmo, cabe destacar que, entre directos e indirectos, esta Sociedade
dá emprego a 1.000 persoas, cifra á que habería que engadir os asociados
ás paradas técnicas para labores de limpeza, mantemento e outros
axustes técnicos. En
calidade de compañía pública autonómica, Sogama traballa para prestar o
mellor servizo á cidadanía galega, contribuíndo ao seu benestar e
calidade de vida, ao tempo que aposta pola innovación, a creación de
emprego e a xeración de riqueza, ingredientes todos eles que fan da
Sociedade Galega do Medio Ambiente unha empresa plenamente comprometida
coa sostibilidade. Departamento de comunicación