El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Sociedad

GALICIA | MESTRE MATEO

A Xunta mantén o seu apoio aos Premios Mestre Mateo

02-01-2020 13:17:04

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e a presidenta da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Ana Míguez, asinaron hoxe en Santiago o convenio de colaboración mediante o que a Xunta volve ser unha das principais entidades colaboradoras dos Premios Mestre Mateo, apoiando economicamente tanto a súa gala de entrega como unha serie de actividades paralelas encamiñadas a reforzar a proxección social e o recoñecemento ao labor dos profesionais do sector en Galicia. 

A convocatoria da décimo oitava edición dos Mestre Mateo culminará coa celebración da cerimonia de entrega no pazo da Ópera da Coruña o vindeiro 7 de marzo, data na que se coñecerán os nomes das obras e profesionais que consigan as estatuíñas nas 25 categorías dos galardóns.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias